18-F

Mayra García e José Tomé, hoxe. (Foto: Europa Press)
18-F

A alcaldesa de Trabada dimite para acompañar Besteiro e Méndez como número tres por Lugo

Mayra García acompañará así, na lista electoral, o candidato á Presidencia da Xunta da Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, como número un; a até o de agora alcaldesa de Lugo, Lara Méndez -que tamén hoxe formalizou a dimisión-, como número dous; e a José Tomé, presidente da Deputación, como número catro, entre outros.
Juan Carlos Piñeiro e Pachi Vázquez, hoxe. (Foto: Europa Press)
18-F

Compromiso por Galicia intégrase no Espazo Común Galeguista de Pachi Vázquez

A coalición está formada por Espazo Común, Unidade Local, Compromiso por Galicia, Coalición Galega e Galicia Sempre. E esta fin de semana darase a coñecer a incorporación dunha sexta formación.
Ángeles Vázquez, Diego Calvo e Alfonso Rueda, no último pleno antes do anuncio da convocatoria electoral. (Foto: Arxina)
18-F

Calvo, Candia e Rivo acompañan Rueda como cabezas de cartel do PP

A empresaria viguesa Patricia García acompañará o presidente da Xunta como número dous por Pontevedra.
Ana Pontón, Olalla Rodil, Luís Bará e Noa Presas (Foto: Nós Diario).
18-F

Pontón, Rodil, Bará e Presas, as cabezas de lista do BNG para o 18-F

Ana Pontón, candidata á Presidencia da Xunta, apela á “mobilización masiva” do electorado galego para derrotar o PP e que unha muller sexa por primeira vez na historia presidenta do país.
Lara Méndez despídese após o seu último pleno como alcaldesa de Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
18-F

Lara Méndez deixa oficialmente a Alcaldía de Lugo: "Marcho orgullosa"

"Marcho orgullosa de deixar unha cidade mellor e co compromiso de seguir traballando para unha cidade vangardista, punteira e referente a nivel internacional", manifestou Méndez, no seu último pleno como alcaldesa de Lugo.

Salvade o soldado Rueda

Ana Pontón coas xogadoras de Pescados Rubén Burela. (Foto: Europa Press)
18-F

Ana Pontón promete unha lei de igualdade no deporte

A líder do BNG critica que Rueda "chegue tarde" na crise dos pellets.
No centro, Besteiro. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Besteiro acusa Rueda de converter a crise medioambiental nun "meme"

José Tomé reclama a dimisión do conselleiro do Mar.

Un mar de plástico

Ana Pontón xunto a representantes municipais do BNG, esta cuarta feira. (Foto: Nós Diario)
18-F

Pontón apela á "mobilización masiva" nun acto con 300 representantes municipais

O BNG engraxa a 'maquinaria' municipal de cara ao 18 de febreiro.
Álvaro Díaz Mella, candidato de Vox á Presidencia da Xunta. (Foto: Europa Press)
18-F

Álvaro Díaz-Mella, candidato de Vox á Presidencia da Xunta

A campaña da ultradereita decorrerá en clave estatal e Abascal asistirá a todos os actos aos que poida ir na Galiza.
Encontro do BNG esta cuarta feira (Foto: Europa Press).
18-F

Pontón promete "desterrar a mentira" da Xunta se chega á Presidencia

Pontón subliñou o comportamento "exemplar" da cidadanía galega na crise dos pellets: "Cando non estaban nin se lle espera (as administracións galega e estatal), a cidadanía galega é o mellor que temos".

Sorrisos e lágrimas

Lara Méndez, do PSdeG, e Rubén Arroxo, do BNG.
POLÍTICA

Arroxo afirma que a dimisión de Méndez non afectará o pacto de Goberno de Lugo

A alcaldesa formalizará a súa marcha na sexta.
O candidato do PSdeG á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
18-F

Besteiro chama a unir o voto progresista: "O PSdeG é o adversario incómodo do PP"

A candidatura do PSdeG en Ourense estará, finalmente, encabezada por Carmen Rodríguez Dacosta.
Colexio electoral da Coruña. (Foto: Nós Diario)
18-F

As novas sondaxes sitúan o PP en mínimos históricos de intención de voto

As enquisas marcaron a precampaña electoral no arranque da segunda semana de xaneiro. A 40 días de decorreren os comicios, as últimas sondaxes publicadas sitúan o PP á baixa, o BNG medrando, o PSdeG en porcentaxes semellantes a 2020 e Sumar pelexando por non ficar fóra do Parlamento. Algúns destes estudos colocan os populares por baixo da súa intención de voto das eleccións de 2005, cando nacionalistas e socialistas os desaloxaron do Goberno galego.
No centro, Fernández, Pontón e Franco, esta segunda feira nas Pontes (comarca de Eume). (Foto: Nós Diario)
18-F

Pontón avanza un modelo enerxético "ao servizo da Galiza" e non ao de Endesa, Naturgy ou Iberdrola

O BNG busca "democratizar" o acceso á enerxía eléctrica.
Gonzalo Caballero, nos corredores do Parlamento galego. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
18-F

Gonzalo Caballero 'cae' da lista do PSdeG por Pontevedra, liderada pola ex ministra Elena Espinosa

Patricia Iglesias, letrada maior do Consello de Contas, encabeza a candidatura socialista pola Coruña.
Lara Méndez. (Foto: Nós Diario)
18-F

Lara Méndez anuncia que deixará a Alcaldía de Lugo

Méndez anunciou que será a número 2 de José Ramón Gómez Besteiro nas listas do PSdeG ao Parlamento da Galiza o 18 e febreiro.
Marta Lois, portavoz de Sumar no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
18-F

Marta Lois asegura que en breve se coñecerá a súa persoa substituta no Congreso: Quen soa máis?

Lois indicou que esa decisión lle corresponde á dirección política de Sumar no Congreso, que "aprobará de maneira ordenada esa transición e substitución".