BNG

O ministro español de Seguridade Social, José Luis Escrivá (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
TRABALLO

O Congreso do Estado español avala a nova reforma das pensións

CIG e CSIF critican o decreto de reforma de pensións do Goberno estatal.
O alcalde de Pontevedra, 
Miguel Anxo Fernández Lores (Foto: Xan Carballa).
Entrevista

Miguel Anxo F. Lores: "Será un longo camiño, pero Pontevedra ten dereito a recuperar a ría"

O nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores (Vilalonga-Sanxenxo, 1954), médico de profesión, leva desde 1999 á fronte da alcaldía de Pontevedra. Asegura que está con ganas de seguir, “atópome no mellor momento da miña vida política, nun bo momento persoal e familiar, cunha experiencia acumulada e un equipo de persoas no concello fabuloso. Temos ideas para o futuro. Sempre digo que os proxectos son a longo prazo e que me presentaba para intentar alcanzalos”. O reto permanente de recuperar a ría para expandir a cidade e o seu modelo de calidade ambiental urbana vive nestes meses momentos decisivos no ámbito xudicial.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG pedirá ao Parlamento que se pronuncie contra os ventres de aluguer

Pontón denuncia a "mercantilización" das mulleres.
Unha muller embarazada. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O debate sobre os ventres de aluguer reavívase. Cales son as posturas e argumentos?

O PP móstrase a favor de regular os ventres de aluguer, mentres que o Ministerio de Igualdade e o BNG, entre outros, posiciónanse en contra.
BNG BOIRO
POLÍTICA

Pontón pon o BNG como garante de "cambio positivo" nos concellos

A líder nacionalista chama a "saír a gañar" o 28-M.
ACTO MOCIDADE_BNG_OURENSE_28M_4
POLÍTICA

O BNG propón 32 millóns para 'bolsas anticrise' a estudantes

Demanda a matrícula universitaria gratuíta no próximo curso.
A Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento (Foto: Parlamento galego).
POLÍTICA

Unanimidade no Parlamento galego para reclamar ao Estado as competencias en ordenación pesqueira

Trátase dunha proposición non de lei (PNL) proposta polo BNG e debatida no seo da Comisión de Pesca e Marisqueo da Cámara galega que contou co voto favorábel dos tres grupos parlamentarios.
O monolito foi utilizado este sábado como poste de amarre dunha carpa do Concello (Foto: BNG de Vigo).
MEMORIA E HISTORIA

O BNG de Vigo acusa Caballero de vandalizar un monolito que homenaxea a resistencia antifranquista

O monolito, instalado no Calvario, foi utilizado este sábado como poste de amarre dunha carpa do Concello na que se repartían macetas con camelias.

Ana Pontón, en Santiago, acompañada de candidatas e candidatos no escenario (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

Pontón pon como aval “os gobernos de éxito do BNG” nun multitudinario encontro en Santiago

Este sábado o BNG reuniu en Santiago, nun multitudinario encontro nacional, ás candidatas e aos candidatos ás eleccións municipais do 28 de maio. No acto interveu a portavoz nacional, Ana Pontón” proclamando que o Bloque é “o dream team da política municipal e o 28M saímos a gañar, con humildade pero coa máxima ambición”.
Ana Pontón e Miguel Anxo Fernández Lores, esta sexta feira. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG congregará este domingo, nun encontro municipal en Santiago, ás candidatas e aos candidatos ao 28M

O acto contará coa intervención da portavoz nacional e dunha ampla representación das persoas que lideran as candidaturas, incluídas ás que encabezan as listas nas grandes cidades.

Xabier P. Igrexas, candidato á alcaldía de Vigo, no centro durante a acción do BNG ás portas do Zoo vigués (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Protesta en Vigozoo polas continuas mortes de animais

O BNG de Vigo propón implementar a estratexia ZooXXI para reconvertelo nun centro de conservación de fauna e de sensibilización ambiental.
O director xeral de Gandaría da Xunta, José Balseiros. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

"O BNG non fai máis que escribir bobadas", di o director xeral de Gandaría sobre a PAC

"Reafírmome nas miñas manifestacións. Esta iniciativa non hai por onde collela", reiterou José Balseiros, ao tempo que acusou a formación nacionalista de dicir "o que lle peta".
A empresa Monbus controla 80% do mercado de transporte público por estrada. (Foto: Nicolás Vieites)
POLÍTICA

BNG e PSdeG ven "trato de favor" a Monbus e a Alsa

Rueda non dá explicacións a respecto da sentenza do TSXG.
As Anpas de Vigo denuncian baixa calidade alimentaria nos comedores dependentes da Xunta.
SOCIAL

14 comedores escolares da Xunta en Vigo presentan “graves deficiencias”

1.800 nenas e nenos da cidade reciben a diario alimentos de baixa calidade alimentaria.

Altri (Foto: Timon)
POLÍTICA

O Parlamento solicita ao Estado "garantías" de apoio á planta de Altri

O conselleiro de Industria di que a empresa "non ten portelo ao que acudir".
INTERNACIONAL

ENQUISA | Quen sae reforzado tras a frustrada moción de censura de Vox?

Cumpríronse os prognósticos e o Congreso rexeitou a moción de censura impulsada por Vox contra o Goberno de Pedro Sánchez, a segunda dentro desta lexislatura. Só votaron a favor os 52 deputados da formación de extrema dereita e mais Pablo Cambronero, ex de Ciudadanos integrado agora no grupo mixto. O resto da Cámara opúxose coa excepción do PP, Foro e os parlamentarios independentes expulsados de UPN, Sergio Sayas e Carlos García Adanero, que avogaron pola abstención.

Após o fracaso desta moción e á vista do debate das dúas últimas xornadas, quen cre vostede que sae mellor parado?

Rosa Quintana, conselleira do Mar, na tribuna do Parlamento. (Foto: Europa Press)
Parlamento

Os grupos políticos amosan o seu apoio á pesca ante os "vetos" de Bruxelas

O BNG e o PSdeG lembran á Xunta que non ten "carta branca".
Pedro Sánchez a terza feira no Congreso español. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
star
Moción de censura

A unidade de España, eixo da moción de censura no Congreso

O debate da sexta moción de censura no Congreso español desde a fin da ditadura franquista comezou esta terza feira sen previsións de que na votación de hoxe a extrema dereita reciba máis apoios que os dos seus escanos, como aconteceu na moción de 2020, mais cunha diferenza, daquela o resto de forzas votaron en contra mentres que nesta ocasión o Partido Popular anunciou que se abstería.
Ana Pontón e Luís Bará, esta segunda feira comparecendo ante a prensa. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O BNG reclama 35 novas competencias para a Galiza após "14 anos de parálise do PP"

O PP analizará a proposta do BNG, aínda que advirte que non comparte cos nacionalistas "baleirar" o Estado de "toda" competencia.

O 'cumio' dos Açores, cos dirixentes naquela altura de Portugal, José Manuel Durão Barroso; Reino Unido, Tony Blair; EUA, George W. Bush, e o Estado español, José María Aznar. (Foto: Michelle Michaud)
POLÍTICA

BNG, Bildu e ERC reclaman unha investigación sobre a participación española na guerra do Iraq

Esta segunda feira fai 20 anos o inicio da invasión liderada polos EUA.