CIG

2020060419394050838
SOCIAL

Os sindicatos demandan máis profesorado para afrontar con garantías o inicio de curso

Sen pautas de como prevé a Consellaría de Educación organizar a volta ás aulas no mes de setembro, os sindicatos do ámbito docente advirten a necesidade de aumentar o profesorado para afrontar un inicio de curso excepcional atendendo todo o alumnado e cumprindo coas medidas sanitarias.
Participantes protexidos con máscaras durante a manifestación do comité de empresa de Alcoa entre a factoría e a localidade de San Cibrao (Carlos Castro/ Europa Press)
TRABALLO

Persoal de Alcoa prepara "accións espectaculares"

As mobilizacións do persoal de Alcoa en contra do feche da empresa de aluminio en San Cibrao, Cervo, continúan con contundencia. O persoal das auxiliares mantivo onte unha asemblea e anuncia que se suma ás accións que se realicen en coordinación co comité de empresa até que se lles dea unha solución.
Ourense será unha das cidades que acolla as concentracións da CIG
TRABALLO

A CIG marchará por toda Galiza para esixir "unha saída xusta e galega da crise"

O sindicato convoca marchas de delegadas e delegados o vindeiro día 9 de xuño nas sete principais cidades do país para esixir medidas concretas dos Gobernos español e galegos
Anxo Álvarez, CIG Correos (CIG)
SOCIAL

Sindicatos alertan de posíbeis "coaccións" no voto a distancia

Os sindicatos piden a Correos que traslade unhas "instrucións moi claras" a todo o persoal para enfrontar o proceso electoral que culmina o 12 de xullo.
Mobilización da CIG no CHUS (Nós Diario)
TRABALLO

Persoal da sanidade pública denuncia mala xestión

A xestión da sanidade pública comeza a cuestionarse outra vez na Galiza. Precariedade laboral, falta de recursos materiais, nula negociación e contratación irregular son algunhas das denuncias que realizaron onte os sindicatos nas áreas sanitarias de Pontevedra e Santiago.
Vacas pastando nunha leira (Xunta).
TRABALLO

CIG responsabiliza á Medio Rural e Tragsa da morte do veterinario de As Nogais

Asemblea de traballadoras 
ás portas da factoría de Alcoa.
ECONOMÍA

CCOO, CIG e UXT piden nacionalizar Alcoa

Os traballadores e traballadoras de Alcoa non dan nada por perdido e prepáranse para unha batalla sen cuartel. A un tempo, defenden o seu posto de traballo e o progreso dunha zona altamente dependente da produción de aluminio, que representa máis de 30% do Produto Interior Bruto (PIB) de Lugo. 
 
Concentración diante dun Zara no centro de Vigo esta sexta feira (CIG).
TRABALLO

Traballadoras mobilízanse na Coruña, Vigo, Ourense, Lugo e Compostela contra os horarios impostos por Inditex

As empregadas despregaron faixas denunciando a vulneración dos seus dereitos laborais diante de tendas de Zara, Bershka e Stradivarius, todas pertencentes ao xigante téxtil. 
Concentración diante dun Zara de Compostela esta quinta feira (CIG).
TRABALLO

CIG mobilízase contra a "represión" que exerce Inditex sobre as súas traballadoras

A central sindical fai pública a "persecución" de Inditex contra as traballadoras de Zara cunha concentración diante dun estabelecemento do xigante téxtil no centro de Compostela.
Protesta de Alcoa en Lugo (Europa Press)
TRABALLO

CIG pide a intervención publica da planta de Alcoa

O sindicato advertiu á empresa que “non vai permitir” recortes de persoal en San Cibrao.

Protestas contra Servicarne (arquivo/CIG).
SOCIAL

Un xulgado recoñece a relación laboral entre un matadoiro en Castro de Rei e 167 falsas autónomas

A resolución chega tras outro recente no mesmo sentido contra Servicarne e a empresa do grupo Coren Novafrigsa. Neste caso, o xulgado ve probada a relación laboral entre as autónomas de Servicarne e do matadoiro SADA.
2020-05-27_ProtestaDelegacionACorunha_01
TRABALLO

A CIG mobilízase contra a "nova reforma laboral" que prorroga os ERTE

Segundo o sindicato, o decreto que se vota hoxe no Congreso "afonda no abuso patronal, non garante os ingresos das familias nin a recuperación do emprego".
Estudantes facendo cola no Banco Santander para obter a TUI da USC Imaxe de Anega
ECONOMÍA

Os bancos restrinxirán servizos á clientela

A principios deste ano, a maior parte das entidades financeiras comunicaron que, ao longo do mesmo, "restrinxirían os servizos de caixa" a partir das 11 horas da mañá, un plan previo á situación xerada pola pandemia. "Unha restrición de servizo á clientela, que debería ser investigada por se atenta contra os dereitos  das  persoas consumidoras", di a CIG.

Concnetración contra a universidade privada foto arxina
SOCIAL

CIG acusa a Xunta de “aproveitar a pandemia” para “liquidar a universidade pública galega”

Afirma que encarga a FEUGA e unha consultora un programa para deseñar un curso 2021-2022 cun recorte “masivo” de títulos presenciais.
 

Vehículos de Correos diante da sede da empresa pública no centro da Coruña (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

CIG Correos insiste en que a empresa “prima o negocio á saúde”

O sindicato entende que as medidas de prevención tomadas “deberían de ter como primeira finalidade o protexer ás traballadoras”.

Alcoa
TRABALLO

O comité de empresa de Alcoa pide rebaixar o prezo da enerxía

Nunha reunión do comité de empresa de Alcoa co presidente da Xunta e o conselleiro de Economía demandan do Goberno español que acepte unha poxa con "valores de 2018". 
Protestas da CIG
TRABALLO

Protestas da CIG ante edificios da Xunta baixo o lema "Feixoo, contigo Galiza vai á ruína"

A CIG vén de desenvolver durante o día de hoxe unha xornada de protestas diante de edificios da Xunta de Galiza das sete cidades e máis en Vilagarcía e Cee para denunciar as “nefastas políticas económicas, industriais e laborais aplicadas polo Goberno de Feixoo.
Centro hospitalario HM A Rosaleda en Santiago de Compostela (Imaxe: HM Hospitais)
TRABALLO

O hospital privado HM A Rosaleda segue a despedir, desta vez dous sindicalistas

O Grupo hospitalario bota á rúa persoal que iría nas listas ao comité de empresa pola CIG. 
Paulo Carril, secretario xeral da CIG (Nós Diario)
TRABALLO

Carta da CIG a Feixoo: “Negar a nosa existencia é un grave desprezo para miles de traballadoras”

O sindicato reprocha ao presidente galego que excluíse a central sindical das xuntanzas para analizar a situación económica e laboral pola crise da COVID-19. “Demostra pouca vontade de afrontar a grave situación”.

2020051501114246490
SOCIAL

A Consellaría permitirá a volta ás aulas o día 25 para segundo de bacharelato e de FP

A Xunta permitirá neste final de curso a reapertura parcial dos centros de ensino, aínda que unicamente para os cursos que supoñan un cambio de etapa ou de acceso a título –como é segundo de Bacharelato e dos ciclos medio e superior de FP– e só de forma voluntaria. A comunidade educativa reclama garantías sanitarias.