Casado facilitará a Vox obter asento na Mesa do Congreso
O líder do PP rexeita os «cordóns sanitarios» á ultradereita, cualifica Vox de «constitucionalistas» e non impedirá que obteñan representación na Mesa do Congreso.
O líder do PP rexeita os «cordóns sanitarios» á ultradereita, cualifica Vox de «constitucionalistas» e non impedirá que obteñan representación na Mesa do Congreso.
O líder do PSdeG ve no principio de acordo alcanzado entre Sánchez e Iglesias o preludio dun «goberno de cambio» na Xunta de Galiza en 2020.
«Responsábel e construtiva» será a posición do nacionalismo vasco ante o preacordo de Goberno alcanzado por Unidas Podemos e PSOE, segundo asegurou portavoz jeltzale no Congreso Aitor Esteban.
A deputada Laura Borràs mantén o «non» de Junts per Catalunya á investidura de Pedro Sánchez «mentres haxa presos, exiliados, represaliados e non se poida falar do dereito á autodeterminación».
O BNG amósase favorábel a que haxa un desbloqueo na situación do Estado e a dialogar para que se poida producir «un goberno de progreso», mais Pontón condiciona o voto do BNG á existencia dun «compromiso claro cunha axenda galega que non pode seguir agardando durante máis tempo».
Até os colexios electorais acudiron as e os líderes políticos e candidatos para exercer o dereito ao voto e animaron a poboación a participar nas urnas.
O Consello da Cultura Galega revisa cun congreso, unha exposición e un concerto a conexión galega coa Habana.
O voceiro da organización política En Marea urxe a alcanzar un acordo de goberno cunha axenda política galega e asegura que a fórmula en que concorrerá a súa formación ás eleccións está aberta.
Escasas horas após Pedro Sánchez fracasar na primeira votación de investidura no Congreso, o PSOE púxose en contacto con Unidas Podemos para volver reunirse “en canto poidan” para retomar as negociacións de cara á nova sesión de investidura desta quinta feira.
O candidato do PSOE inicia o debate coas negociacións con Unidas Podemos paralizadas. No seu discurso apelou a esta formación para traballar por “unha sociedade de homes e mulleres libres e iguais en harmonía coa natureza”. As referencias a Galiza centráronse na denuncia do crime machsita desta fin de semana en Vilalba e a lembrar cando o franquismo prohibía "o galego, o vasco e o catalán".
Cos votos de PSOE, PP e CS. Os letrados da Cámara baixa avalan a medida amparándose no artigo 384bis da Lei de Axuizamento Criminal.
Meritxel Batet elixida presidenta da cámara baixa co apoio de Unidas Podemos e PNV e Manuel Cruz da cámara alta. Os deputados e deputadas de Vox fixeron ruído cada vez que tomaba a palabra algún ou algunha parlamentar independentista.
O 28A Galiza escolleu un total de 23 deputadas e deputados para o Congreso e 16 ao Senado. Coñece quen son as persoas que terán o deber de representar ás galegas e galegos na vindeira lexislatura.
A formación de ultradereita non logra representación nin por Galiza nin por Euskal Herria e en Catalunya atinxe, con 3,6% dos sufraxios, 1 representante de 48 a elixir. Mentres no Estado español ten de media 10,3% dos votos nestes tres territorios obtén menos da metade.
A campaña das eleccións xerais máis mediática e tensa dos últimos anos chega á súa fin co denominado sábado de reflexión. En Sermos Galiza conversamos arredor do 28A con aquelas e aqueles que en distintos momentos foron responsábeis de dar voz a Galiza como representantes políticos do noso país.
A pontevedresa Berta Margarita Roldán Pimentel encabeza a candidatura de Compromiso por Galicia para as eleccións xerais. Enxeñeira agrónoma e escritora, traballa como funcionaria na Xunta de Galiza en materia de política agraria. Ponse á fronte de CXG nestas eleccións para dotar o país de “representación política propia por medio dun partido co seu centro de decisión na Galiza”. Responde por correo electrónico o cuestionario formulado por Sermos Galiza.
A xornalista Beatriz Pino naceu en Vigo en 1975 e encabeza a candidatura de Ciudadanos ao Congreso por Pontevedra. É licenciada en Xornalismo pola Universidade Carlos III de Madrid, e voltou a Galiza após traballar en Telemadrid e Antena 3. Coñece ben a organización e ideoloxía de Ciudadanos, xa que foi a responsábel de comunicación do partido na Galiza. Responde por correo electrónico o cuestionario formulado por Sermos Galiza.
Iris Malvido encabeza a candidatura de En Marea ao Congreso pola circunscrición de Pontevedra. É licenciada en Psicoloxía nas especialidades social e clínica e viviu en Australia e en Inglaterra, onde traballou no ámbito de menores con rapazas e rapaces con problemas de conduta, trastornos alimentarios e trastornos do espectro autista. Tamén traballou como profesora de castelán e no sector servizos. Preséntase ás eleccións xerais co obxectivo de “dar voz ás galegas e galegos no Estado”, crendo “nunha política que coide a diversidade, que respecte e potencie as diferenzas, e que estea pensada por e para a xente”. Responde por correo electrónico o cuestionario formulado por Sermos Galiza.
Yolanda Díaz Pérez é avogada de profesión. Nada en Fene en 1971, estivo vinculada ao movemento de esquerdas desde moi nova. Foi coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada do Parlamento galego na anterior lexislatura con AGE. Actualmente é deputada no Congreso e preséntase de novo ás eleccións do 28 de abril co reto de “pór as institucións ao servizo da xente e ser útiles á cidadanía”. Responde por correo electrónico o cuestionario formulado por Sermos Galiza.
O Estado español mantén a Galiza nun atraso histórico en materia de infraestruturas. Temos unha rede de estradas e de camiños de ferro que, en xeral, está obsoleta e con prezos non asumíbeis para a maioría das galegas e galegos, quen ademais pagamos as peaxes máis caras. Vexamos se os programas electorais teñen en conta as necesidades de Galiza en infraestruturas e transportes.