Feixoo afirma que "nunha semana" a curva da quinta vaga da Covid comezará a dobregar
O presidente pon como exemplo Ourense e sinala que o comité clínico seguirá axustando as restricións á situación de cada municipio
O presidente pon como exemplo Ourense e sinala que o comité clínico seguirá axustando as restricións á situación de cada municipio
Aumentan a 258 os hospitalizados pola Covid, 31 máis, e descenden os novos contaxios a 1.115.
Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 26 de xullo no teu concello así como o nivel de incidencia
Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 7 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos
Oito dos 21 ingresados en UCI en Galiza son menores de 40 e un 80% de contaxiados ten menos deses anos
7 concellos pasan a nivel máximo de restricións e 29 a nivel alto. Para acceder ao interior da hostelaría neses municipios será obrigatorio presentar proba negativa de PCR ou certificado de vacinación.
En concellos en nivel máximo e alto, prohibidas as reunións de non conviventes entre as 1 e as 6 horas da madrugada. Pola súa banda, nos concellos en nivel medio e baixo, onde segue aberto o lecer nocturno, as reunións de non conviventes estarán prohibidas entre as 3 e as 6 horas.
A Xunta pedirá autorización ao TSXG para adoptar estas restricións a partir deste sábado, 24 de xullo.