PP

Traballos no convento de Santa Clara (Foto: Concello de Pontevedra).
SOCIAL

A Deputación de Pontevedra do PP bota por terra o proxecto para rehabilitar o convento de Santa Clara

O portavoz do BNG na Deputación, César Mosqueira, saíu ao paso desta decisión da nova Administración criticando o vicepresidente por "desfacer todo o feito" no Museo de Pontevedra nos últimos anos, actuando como un 'destroyer'.
Asemblea do PP ourensán. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Victoria Núñez presidirá a xestora do PP de Ourense tras a marcha de Manuel Cabezas

Núñez é actualmente xefa territorial da Consellaría de Medio Ambiente e é filla do que fora un dos impulsores de Centristas de Galicia e primeiro presidente democrático da Deputación de Ourense, Victorino Núñez, quen tamén presidiu o Parlamento da Galiza co Partido Popular.
Ana Pontón, esta segunda feira, atendendo os medios de comunicación. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Pontón ve o PP "instalado na propaganda" mentres deixa unha Galiza "que non para de retroceder"

Preguntada pola investidura de Pedro Sánchez, a líder do BNG volve advertir que o seu voto non será gratis e percibe certa "relaxación" no PSOE: "Quizais non teñen demasiado interese en negociar e empezan a barallar a posibilidade dunhas novas eleccións".

Libres e iguais

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nunha rolda de prensa. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Pontón, convencida do "fin de ciclo" do PP, non teme un adianto electoral: "Estamos preparadas para afrontar ese reto"

A líder do BNG lamenta o "baile de datas" que "alimenta" o PP a respecto da convocatoria das eleccións galegas e acusa os populares galegos de estaren "subordinados ás directrices de Xénova".
O presidente da Xunta e do PP da Galiza, Alfonso Rueda. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O PP comeza a precampaña en Silleda enxalzando o "estilo Rueda"

Alfonso Rueda inicia en Bandeira (Silleda) a súa campaña 'Galicia non para!', na que falará "de ti a ti" coa cidadanía que diferentes concellos.
Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feixoo, o pasado 17 de setembro, nun acto do PP en Santiago. (Foto: César Arxina / Europa Press)
POLÍTICA

Rueda entra en 'modo campaña' mentres medran os rumores dun adianto electoral após consumarse a derrota de Feixoo

O presidente da Xunta percorrerá Galiza "a pé de rúa" para manter encontros "directos e espontáneos" coa cidadanía.
Néstor Rego intervén no Congreso (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).
POLÍTICA

Néstor Rego a Feixoo: "Quen quixer o voto do BNG terá que se comprometer coa Galiza. Vostede non o fixo"

Rego alegou que “esquecer a Galiza á hora de gobernar non é exclusivo do PP. Temos denunciado moitas veces que as forzas estatais, se as deixan, altérnanse na discriminación do noso país e que iso só muda cando o BNG os forza a facelo”.
Cuca Gamarra e Alberto Núñez Feixoo, hoxe, na bancada do PP no Congreso.
POLÍTICA

Segunda votación de investidura de Feixoo

Alberto Núñez Feixoo, co rostro serio, hoxe, no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Debate de investidura

VÍDEO | O Congreso volve dicir 'non' a Feixoo, que obtén só 172 apoios e fica fóra da carreira presidencial

O candidato do PP despídese definitivamente das súas aspiracións presidenciais e deixa vía libre a un previsíbel encargo a Pedro Sánchez para que se someta á confianza do Congreso.
Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas. (Foto: Xan Carballa).
Entrevista

Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas (PP): "Non se pode vivir da crítica do pasado, vou gobernar aportando solucións"

Nunha Corporación con seis forzas políticas (BNG, con 6; ACIP, con 4, PSdeG, con 2, Ponteareas en Común, con 1 e IP, con 1) a popular Nava Castro (Ponteareas, 1969) goberna con sete concellarías e o representante de Independentes de Ponteareas (IP), Mingos Freitas (denunciado xudicialmente por insultar no pleno un representante do BNG, “cala ti, parapléxico!”). Pasaron cen días e segue no aire a posibilidade dun acordo de lexislatura con Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACIP), que viu rexeitada a proposta de alternar na alcaldía en dous anos.
Ángeles Tilve Jar, directora do Museo Provincial de Pontevedra. (Foto: Rafa Estévez)
CULTURA

Dimite en bloque o Consello Asesor do Museo de Pontevedra após a remuda "unilateral" na dirección por parte da Deputación

O novo Goberno da Deputación, de novo en mans do PP, acordou cesar o director, José Manuel Rey, e substituílo por Ángeles Tilve Jar, unha decisión que os sete asesores consideran "partidista" e "unilateral". "Non nos parece apropiado que se nos trate como convidados de pedra e parecer cómplices desta toma de decisións que son, en todo caso, de orde partidista pero que non responden a ningún parámetro de orde técnica", lamentan, na carta de renuncia presentada esta mesma mañá.
Alberto Núñez Feixoo (PP), Mertxe Aizpurua (EH Bildu), Aitor Esteban (PNV) e Néstor Rego (BNG), intervindo desde a tribuna do Congreso. (Fotos: Eduardo Parra / Europa Press)
CRÓNICA | Debate de investidura

A supervivencia política de Feixoo complícase aínda máis tras fracasar na súa investidura

Feixoo non suma. O candidato do PP á presidencia do Goberno español só conseguiu reunir os votos das forzas situadas máis á dereita. Mentres o PSOE ve despexada a investidura de Sánchez co apoio dos nacionalistas, os populares enfróntanse a un conflito interno.

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos. (Foto: Europa Press)
Orzamentos

A Xunta manterá en 2024 a rebaixa en patrimonio que beneficia as grandes fortunas

BNG e PSdeG critican a política fiscal do Executivo galego, que consideran que favorece "a quen máis ten".
Estado en que se encontra o lugar das verteduras de San Finx (Foto: Plataforma contra a mina de San Finx).
Parlamento

A Xunta acepta realizar unha nova inspección en San Finx e afirma que "sempre" cumpriu

O BNG pide que se anule o permiso da mineira para verter residuais.
Alfonso Rueda, Ana Pontón e Luís Álvarez, durante a sesión de control ao presidente desta cuarta feira no Parlamento galego. (Fotos: Arxina)
Parlamento | Sesión de control

A oposición reprocha a Rueda a súa "submisión" á liña política do PP de Madrid: "Non traballa para Galiza"

Tan só 24 horas despois da súa presenza no Congreso dos Deputados para dar o seu apoio a Alberto Núñez Feixoo na súa investidura falida, Alfonso Rueda tiña esta cuarta feira a primeira hora cita coa sesión de control no Parlamento galego. A oposición agardaba polo presidente para preguntar sobre que ía facer o seu Goberno para axudar as familias con dificultades para chegar a fin de mes ou para paliar as consecuencias da suba de prezos. Un Rueda aínda 'de espírito' no Congreso afirmou que "o candidato" [por Feixoo] expuxera no seu discurso medidas para esas problemáticas. BNG e PSdeG instárono a aterrar na Galiza no canto de estar "tan pendente" de Madrid.
O deputado socialista Herminio Sancho, desde o seu escano, logo de votar 'si' a Alberto Núñez Feixoo. (Foto: RTVE)
Debate de investidura

VÍDEO | "Sancho, si, non": o deputado do PSOE que dixo 'si' a Feixoo e provocou o balbordo no Congreso

Herminio Rufino Sancho Íñiguez, deputado do PSOE por Teruel, protagonizou a anécdota da xornada votando por erro 'si' á investidura de Alberto Núñez Feixoo.
Alberto Núñez Feixoo esta cuarta feira durante a sesión de investidura (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
debate de investidura

Non hai sorpresa: Feixoo perde a primeira votación da súa investidura

Esta sexta feira 29 de setembro terá lugar a segunda votación. Nesa segunda sesión, Feixoo terá dez minutos para pedir o respaldo da Cámara, e os representantes dos grupos parlamentarios disporán de cinco minutos cada un.

Desprezo á Galiza

Anuncios de alugueiros turísticos nunha localidade da Mariña o pasado verán. (Foto: Carlos Castro / Europa Press) #inmobiliaria #alugueiro #galiza #vivenda #vivendasturísticas #turismo #fegein
Parlamento

O Partido Popular bloquea que haxa máis control sobre vivendas turísticas

As VUT aumentaron na Galiza en 3.700% en apenas seis anos.