star
Crónica | debate de investidura
O ataque de Feixoo á amnistía marca a sesión de investidura
26/set./23
Comezou no Congreso español a sesión de investidura de Alberto Núñez Feixoo, na que —excepto casos de transfuguismo— non conta con opcións de converterse en presidente estatal, nin na votación desta cuarta feira, que require maioría absoluta, nin na da sexta feira, para a que só precisaría maioría simple.