A Coruña

elisabeth
SOCIAL

Stop-Despexos alerta á cidadanía do posíbel desafiuzamento de Elisabeth Sanlés

Aseguran que o xulgado podería datar o lanzamento para finais do mes de novemebro e denuncian o desinterese das administracións e a xustiza na procura de solucións.

López Abente
CULTURA

A Fundación López Abente presenta a súa poesía completa na Coruña

Coa edición do escritor e investigador Miro Villar, a “Poesía Completa” de Gonzalo López Abente preséntase esta sexta feira no espazo cultural Portas Ártabras da Coruña, no marco do 50 aniversario do pasamento do poeta. 

Coruñawapa
Galiza

A "Coruña Wapa" chóvenlle as críticas na súa clausura

Sexista, antigalega, escurantista e fiasco. Ao evento “Coruña Wapa” que o goberno municipal de Carlos Negreira ideou para dinamizar o comercio chóvenlle as críticas na súa clausura. Esconder o nome da empresa concesionaria, empregar topónimos deturpados e o machismo dos seus lemas non sentaron ben ao BNG e EU e lémbranllo no balance. 

lacoru
SOCIAL

A campaña 'Coruña Wapa', denunciada por ''sexista'' e por excluír o galego

O BNG leva ao Parlamento unha pregunta oral dirixida á secretaria xeral de Igualdade a respeito de lemas como 'Antes muerta que sencilla'. Namentres, A Mesa quéixase ao Valedor do Pobo e ameaza con denunciar o alcalde, Carlos Negreira, se non retira da publicidade o topónimo ilegal 'La Coruña'.

Galiza

A Audiencia da Coruña levanta a imputación ao Consello de Administración de Adif

Após deixar sen efecto a imputación dos cinco técnicos a pasada segunda feira, o tribunal revoga tamén a dos presidentes e demais membros do Consello de administración de Adif que foran chamados polo xuíz instrutor do caso en calidade de imputados.

Galiza

As vítimas do accidente de Angrois din estar "perplexas" pola decisión da Audiencia da Coruña

Desde a Asociación de Prexudicad@s polo accidente ferroviario din que a decisión está "fóra de lugar" ao entenderen que a imputación d@s directiv@s de Adif é precisa "para aclarar os feitos" e que "non volva acontecer".

Tren, angrois
Galiza

A Audiencia deixa sen efeito as imputacións aos responsábeis de seguridade de Adif por Angrois

O tribunal alega no auto que a instrución non argumenta de maneira suficiente que a carencia do sistema de freado europeo (ERTMS) constitúa "unha infracción normativa aplicábel" e entende que a imputación dos técnicos foi "prematura" e "carente de base suficiente". O auto emitido pola Audiencia é firme polo que non cabe recurso algún.

wapa_capa
SOCIAL

O Concello de 'La Coruña' financia un evento de moda co lema sexista 'Antes muerta que sencilla'

Un 'muppi' con esta publicidade, que emprega a forma ilegal do topónimo, está colocado nas inmediacións do local de Velaluz. Esta asociación leva desde o 15 de outubro en folga de fame contra a violencia machista.

ve-la luz
SOCIAL

O movemento feminista solidarízase coa folga de fame iniciada por Ve-la luz

Após ser hospitalizada unha das mulleres que manteñen a greve de fame desde hai 120 horas, o movemento feminista galego solidarizouse coa asociación e exixen un compromiso político na loita contra a violencia machista. O protesto cumpre xa 5 días . Oito mulleres continúan en folga.

RAE
Galiza

A Xunta colabora cunha RAE que recomenda o uso de “La Coruña” e “Orense”

A Xunta, a través da Fundación Cela, colabora no tricentenario da Real Academia Española a través dunha exposición arredor da presenza do escritor na institución. A RAE recomenda no seu dicionario o uso das fórmulas ilegais “La Coruña” e “Orense”. 

Cinemacurtas
CULTURA

Xoves á noite na Coruña... curtas de cinema en pantalla grande

“Cinemacurtas” é o novo festival que bota a andar na Coruña a partir do día 7 de novembro. Cinco xoves nos que, a partir das nove da noite, as curtas serán as protagonistas da pantalla grande. 

Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra
SOCIAL

A Coruña (re)vólvese contra o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés

A plataforma cidadá Stop-Desafiuzamentos Coruña convoca unha "concentración de resistencia" a partir das 09.00h para evitar que se leve a cabo o despexo. Elisabeth ten 3 crianzas e percibe 216 euros ao mes. O Concello da Coruña considerou que non está en risco de exclusión social. Os tribunais autorizaron o desafiuzamento fixado para esta terza feira.

SOCIAL

O Concello da Coruña non ve risco de exclusión nunha nai con 3 crianzas, 216€ mensais e unha orde de despexo

Así llo transladou o director da área municipal de Servizos Sociais á afectada, Elisabeth Sanlés, segundo denuncia a plataforma Stop-despexos. O alzamento está fixado para a terza feira, 8 de outubro.

Imaxe de arquivo dun tren de Renfe. (Foto: Europa Press)
LINGUA

Os comboios da Renfe fan parada en 'La Coruña' e en 'Orense'

A empresa pública inclúe formas toponímicas ilegais na súa páxina web, tanto no formulario de rexistro de usuari@s como na consulta de horarios e traxectos, onde se permite escoller entre A Coruña/La Coruña e Ourense/Orense.

Chotokoeu
Ao vivo

Chotokoeu: dende A Coruña espallando músicas e alento para o mundo

Após 5 anos circulando polos escenarios de toda a Galiza e tres xiras europeas, Chotokoeu deu o salto ao estudio. A piques de comezar unha nova andaina polo Continente, agasállanos en Radio Sermos con tres temas que, agardan, condensen a enerxía dos seus directos. Ovos de Sapoconcho é o primeiro presente. Nuns días aparecerán na nosa radio Sempre contra o Vento e Ortigueira.

[Imaxe: CIG]
ECONOMÍA

5-O: greve no sector do lixo da Coruña

CIG, CCOO e UGT convocan unha xornada de folga de 24h para denunciaren a "estafa social" que están a practicar as empresas de recollida do lixo da comarca, a desaparición do convenio colectivo e as consecuencias da reforma laboral.

 

SOCIAL

Contra as multas do Goberno español a colectivos sociais, 'petos de resistencia'

Até o de agora son 30 as entidades que colaborarán nesta campaña de recadación que puxo en marcha na Coruña a plataforma Stop-desafiuzamentos, colectivo cuxas sancións, impostas tamén polo Concello, roldan xa os 8.000 euros.

Galiza

Adif instala dez sinais como o que falta en Angrois entre A Coruña e Vigo

De acordo cunha información publicada por El País, a nova sinalización, instalada en agosto, sitúase en curvas perigosas que exixen unha redución de velocidade do 40%.

Lúas de outono
CULTURA

Música, maxia e audiovisual na homenaxe anual a Manuel María na Coruña

A estrea do documental “Andei todos os camiños” de Anxa González, a voz de Pilocha e María Manuela e a maxia de Martín Camiña comporán a quinta edición do espectáculo “Lúas de Outono” que terá lugar o próximo día 19 na Coruña, para revivir a palabra e homenaxear ao escritor que faleceu hai nove anos na cidade. 

Relaxing ultranoite
CULTURA

Annie Bottle presenta o “Relaxing Ultranoite” en Teo a A Coruña

Para darlle unha volta á actualidade en clave de humor crítico, Chévere presenta “Relaxing Ultranoite”, en Teo os días 21, 27 e 28 e na Coruña o 4 e 5 de outubro. Con Annie Bottle encargada da promoción.