230 persoas perderon a vida en accidentes laborais no Estado español nos primeiros catro meses do ano
O Goberno español asigna melloras á estrada N-541, na que accidentou un autobús en Noiteboa
Catro feridos en Ribeira após unha colisión entre tres vehículos
Falece en Poio unha muller tras envorcar o seu vehículo nun accidente de tráfico
Unha muller, M.T.R.B. de 67 anos de idade e veciña de Zaragoza, faleceu na tarde desta sexta feira na localidade de Poio tras saír da vía o vehículo en que viaxaba. Tal como informou a Garda Civil, os feitos ocorreron no punto quilométrico 9 da estrada PO-308, que une Pontevedra con Sanxenxo, ao seu paso por Poio. O vehículo saíu da vía e chocou, polo que terminou envorcando tras o impacto.
Efectivos especializados da Garda Civil reconstrúen o accidente de Xove no que morreron catro mozos
Seis anos de prisión para o condutor bébedo que provocou un accidente en que faleceron unha nai e os seus fillos en Salceda
Os xuíces entenden que o estado de embriaguez do procesado, que di non lembrar nada das horas previas ao accidente, foi determinante no deselance.
Falece un condutor tras saír despedido do seu vehículo despois de chocar contra un camión en Rodeiro
Vítimas de Angrois censuran a designación do novo presidente da CIAF
Unha avoa e a súa neta precipítanse nun coche desde un muro ao patio dun colexio en Pantón
Tres feridos tras unha colisión frontal entre dous coches en Allariz
Tres persoas resultaron feridas leves na colisión frontal entre dous turismos rexistrada na mañá desta sexta feira no polígono de Chorente, no concello de Allariz. Segundo informou a Garda Civil de Ourense, o suceso tivo lugar no quilómetro 216.700 da estrada OU-525, que permaneceu cortada uns minutos para facilitar o traballo dos equipos de emerxencias.Os tres feridos, entre eles os dous condutores dos vehículos implicados, foron evacuados en ambulancias do 061 de Urxencias Sanitarias até o CHUO.
Falece un operario en Quiroga tras caerlle un piñeiro enriba mentres realizaba labores forestais
Un traballador faleceu na mañá desta quinta feira no municipio de Quiroga ao caerlle encima un piñeiro mentres realizaba tarefas forestais. O accidente produciuse minutos despois das 10.30 horas no lugar das Covas, que pertence á parroquia de Augas Mestas, segundo informou o CIAE 112 Galiza. Até o lugar mobilizáronse profesionais de Urxencias Sanitarias 061, que só puideron confirmar a morte do operario.
Un camión sae da vía e esmaga un turismo cunha muller dentro deixando dous falecidos e tres feridos
Un coche impacta contra unha marquesiña en Vigo e deixa, polo menos, catro feridos
Un motorista de 57 anos falece tras chocar contra un vehículo en Vigo
Un home resulta ferido en Forcarei tras carlle encima dunha perna o remolque dun tractor
Un home resultou ferido na localidade de Forcarei tras caerlle nunha perna o remolque do seu tractor. Tal como informou o 112 Galiza, o home traballaba na súa leira, situada no lugar de Pontefreixeira, cando sucedeu o accidente. Foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia, polo que á súa vez deron aviso aos profesionais de urxencias sanitarios e á Garda Civil. O home foi trasladado ao Hospital Montecelo.
Falece unha persoa e outras dúas resultan feridas nun accidente en Arnoia
18 feridos tras chocar un coche contra unha carpa de festas en Vilanova de Arousa
Falece un motorista de 22 anos nunha colisión contra un camión en Pantón (Terra de Lemos)
Un mozo de 22 anos, veciño de Monforte de Lemos, faleceu esta sexta feira nun accidente de tráfico rexistrado no municipio de Pantón (Terra de Lemos), ao colidir a moto que conducía contra un camión. O suceso tivo lugar sobre as 17.40 horas na N-120. A moto na que viaxaba a vítima mortal colidiu lateralmente contra un camión.
Un accidente múltiple obriga a desviar o tráfico na autovía Santiago de Compostela-Brión
Un accidente no cal se viron involucrados tres vehículos e que se saldou sen persoas feridas obrigou a desviar o tráfico na autovía entre Santiago e Brión ao seu paso polo municipio de Ames. Segundo trasladou o CIAE 112 Galiza, o sinistro produciuse ao redor das 06 horas desta sexta feira no quilómetro 4 da AG-56 no carril sentido Noia, onde chocaron un turismo e unha furgoneta.