![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
05/maio/23 - 09:56
Actualizado: 05/maio/23 - 09:56
Un accidente no cal se viron involucrados tres vehículos e que se saldou sen persoas feridas obrigou a desviar o tráfico na autovía entre Santiago e Brión ao seu paso polo municipio de Ames. Segundo trasladou o CIAE 112 Galiza, o sinistro produciuse ao redor das 06 horas desta sexta feira no quilómetro 4 da AG-56 no carril sentido Noia, onde chocaron un turismo e unha furgoneta.