Alana

28-08-2024 ALANA-4
star
Entrevistas

Alana, lembrar de onde vimos

Hai menos dun ano, Pablo Castro, Antía Vázquez e Eloy Vidal iniciaron o seu proxecto Alana, baixo o que mesturan, sempre con harmonía, o pop e o estilo electrónico coa música de raíz galega. En maio, publicaron o seu primeiro disco, O xeito á cántigha, un tributo ás señoras e señores da terra co que xa encheron máis dunha vintena de escenarios arredor de toda a Galiza. A súa misión é darlle unha ollada moderna ás cántigas de toda a vida, mais sempre lembrando de onde proveñen e quen lles ensinou a facer música con selo galego.