Alberto Núñez Feixoo

Galiza

A fuxida cara a diante de Feijóo e a explotación das traballadoras do téxtil na Galiza, no número 34 do semanario

A forma en que Feijóo está a lidar o escándalo Bárcenas e a explotación que sofren as traballadoras do téxtil na Galiza son algúns dos temas sobre os que se debruza o número 35 do Sermos Galiza en papel, xa no prelo.
Alberto Núñez Feijóo
Galiza

Feijóo, sobre Bárcenas: "É un xogo de pillos"

Conferencia de imprensa. Dioivo de perguntas sobre Bárcenas. Feijóo púxose na pel da xente do común: "Teño as mesmas dúbidas que calquera cidadán", dixo. Ao seu xuízo, o escándalo responde a "un xogo de pillos" que estaría orquestrado para prexudicar o PP. Segundo o presidente da Xunta, o único que se pode dar por certo a estas alturas é a existencia dunha conta en Suiza.
Alberto Núñez Feijóo
Galiza

Feijóo comparece hoxe ante a imprensa despois de ter deitado dúbidas sobre Fraga

O Consello da Xunta realiza hoxe sesión ordinaria e, consecuentemente, Feijóo comparecerá ante a imprensa. Será a primeira vez que o faga despois de o pasado sábado deitar dúbidas sobre a xestión de Fraga.
Naval
ECONOMÍA

Feijóo pecha as portas ao naval

Delegados de Navantia e empresas auxiliares concentráronse en Compostela para exixiren unha reunión con Feijóo e o conselleiro de Industria para abordar a grave crise do sector en Ferrolterra. Feijóo estaba desaparecido, e o conselleiro emprazounos a manter mañá mércores unha reunión
Alberto Núñez Feijóo
Galiza

Feijóo: "Nos 90 nen sequer militaba no PP"

A estratexia de Feijóo é clara: fuxir do lume Bárcenas para disputar o liderado do partido a Esperanza Aguirre. En declaracións a xornalistas, Feijóo dixo hoxe que nos 90 -a época en que Pablo Crespo era o secretario de Organización do PPdeG e achegaba fondos provenientes da Gürtel- el nin sequera militaba no PP.
Guillerme Vázquez BNG
POLÍTICA

A oposición exixe a Feijóo explicacións sobre o presunto financiamento ilegal do PPdeG

A nova de que o PP galego achegou ás contas de Bárcenas uns 21 millóns de pesetas que non foron declarados a Facenda leva a toda a oposición a emprazar a Núñez Feijóo a que dea explicacións
ECONOMÍA

Milleiros de estafad@s lembran a Feijóo a súa responsabilidade no "calote" das preferentes

Milleiros de persoas participaron hoxe na manifestación convocada polas plataformas de estafad@s polas preferentes. Unha mobilización na que se denunciou a connivencia do goberno central e autonómico cos bancos "para non devolvernos os nosos aforros"

Feijóo tamén ten de contestar perguntas

Isto non só vai con Rajoy. Isto atinxe tamén o Partido Popular de Galiza e, consecuentemente, o seu presidente, que se dá a circunstancia de que tamén o é da Xunta. Non vale con deitar dúbidas sobre o pasado (sobre os "anteriores", en expresión utilizada por Feijóo na conferencia de imprensa da pasada quinta feira, en indubitábel alusión a Fraga).
mani preferentes 2 Fevereiro
Galiza

Milleiros de afectad@s polas preferentes diríxense á residencia de Feijóo

Está a ser unha manifestación masiva. No día en que Rajoy ten de comparecer polo caso de corrupción máis grave da historia da democracia, milleiros de estafad@s polas preferentes se dirixen a Monte Pío.
ECONOMÍA

As demandas d@s estafad@s polas preferentes chegarán ás portas da residencia de Feijóo

Compostela acollerá este sábado unha nova manifestación d@s estafad@s polo calote das preferentes e subordinadas. Unha mobilización que terá como ponto final a residencia oficial do presidente da Xunta e que conta co apoio da oposición, sindicatos e varios concellos
POLÍTICA

O PSdeG pide a Feijóo que dea a cara" e explique as referencias a Galiza nos pagamentos de Bárcenas

O voceiro do grupo parlamentar socialista, Abel Losada, explique a presenza de alusión ao PPdeG nas facturas de Bárcenas feitas públicas hoxe
Jorquera Caselas
POLÍTICA

O BNG pide a demisión de Rajoy e que Feijóo aclare se a trama atinxe tamén Galiza

Jorquera insta a Feijóo a que aclare as posíbeis ramificacións das presuntas contas irregulares en Galiza, concretamente a partida que figura baixo o epígrafe Galicia O.C.
Galiza

Feijóo só defende a súa xestión e deixa dúbidas sobre a de Fraga

"Desde que son presidente do PP" non houbo pagamentos en negro e "saberán os anteriores (presidentes) do anterior", dixo Feijóo a respeito do caso Bárcenas.
comité executivo PP
Galiza

Feijóo sinala a porta de saída aos críticos

O PP ten as portas abertas para quen queira entrar nel, mas tamén para "os que queiran marchar". Sinalouno esta mañá Feijóo, perante o primeiro comité executivo do PP após o congreso de Lugo. O chefe da dereita galega decidiu que Paula Prado abandonaría o concello de Santiago.
Feijóo Rueda Baltar
Galiza

Feijóo mantén 3 conselleiros no Parlamento para 'maquillar' a designación de Rueda

Feijóo aproveitou un acto partidario -a reunión do Comité Executivo do PP- para anunciar que tres conselleiros do Goberno galego -Alfonso Rueda, Agustín Hernández e Jesús Vázquez- manterán a acta como parlamentares. Todo apunta a unha manobra para non facer moi evidente a designación de Rueda como sucesor.
Comercio por pechar en Compostela
ECONOMÍA

Feijóo liberaliza os horarios comerciais á medida das grandes superficies

Feijóo traslada a Galiza a lei estatal de liberalización de horarios comerciais, amplía a superficie dos que se poden acoller e rebaixa as sancións por incumprimento da mesma, alén da concesión de 10 festivos e 90 horas semanais para as grandes superficies.
Rolda de imprensa sobre lingua
LINGUA

Pontón: "Feijóo é un delincuente reincidente"

A portavoz de Lingua do grupo parlamentar do BNG considera que o presidente da Xunta atenta contra a lingua e "reincide" malia as sentenzas contra o decreto do plurilingüísmo
Imprensa española e Declaración de Soberanía
Països Catalans

Feijóo e a caverna mediática atacan a Declaración de Soberanía

A imprensa de Madrid considera “ilegal” a votación democrática da institución catalá e salienta a división no PSC. Feijóo respondeu a preguntas d@s xornalistas que "o único suxeito de soberanía é o conxunto do pobo español"
Consello de Contas
Galiza

O Consello de Contas confirma que a Xunta desviou irregularmente 411 millóns

En plena campaña, Feijóo negara os feitos e mesmo se permitira ironizar decindo que até un estudante sabería que era "imposíbel" facer ese trasvase de millóns.
Micaela Núñez Feijóo co seu irmán.
Galiza

Eulen, a empresa da irmá de Feijóo, consegue máis contratos en cultura

A Empresa Eulén, da que é apoderada a irmá de Feijóo, continúa gañando contratos de xestión cultural, nestes caso un da Deputación da Coruña por 48.400 euros para organizar un laboratorio teatral.