Anton Reixa

Antón Reixa na presentación da súa obra teatral 'Melancoholemia', en 2021.
star
CULTURA

Unha escolma poética que resume case 50 anos da obra de Antón Reixa

Kalandraka vén de editar Enciclopedia Perplexidade, unha escolma da obra poética de Antón Reixa elaborada por Xabier Cordal que esquece os parámetros académicos para descubrir os vínculos secretos entre poemas moi  afastados no tempo.
Un momento da performance 'Acción Anakoluto', que inspira unha parte do libro de Antón Reixa. (Foto: Chan da Pólvora)
star
CULTURA

A simulación do real no novo libro de Antón Reixa

O real confróntase coa simulación do real no novo libro de Antón Reixa, 2ª man (Chan da Pólvora). O poeta desvela as trampas ideolóxicas que conforman a nosa visión do mundo, ao tempo que sinala os lugares onde se refuxia a beleza na sociedade contemporánea. O autor liberará a súa performance Acción Anakoluto no local Río Lagares de Vigo esta quinta feira.
Antón Reixa é o autor do manifesto en Compostela (Foto: UVigo)
CULTURA

Comeza en Santiago o 'Plataforma' con Antón Reixa de volta ás performances

O festival reúne unha exposición, accións artísticas, danza e obradoiros
Antón Reixa é o autor do manifesto en Compostela (Foto: UVigo)
CULTURA

Recitais e un manifesto centran o Día Internacional da Poesía na Galiza

O 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da Poesía.  AELG propón o cancelo #Autoraspolapazecontraaviolencia e realízanse actos en varias cidades e vilas do país.
anton reixa
CULTURA

Reixa, Medalla de Ouro das Belas Artes

Recoñece así a traxectoria "como escritor, músico, guionista e director de cine".
Rompente. (Foto: Bernard Betancour)
star
Entrevistas

Rompente: "O experimentalismo é, moitas veces, postureo para simular sintonía coa vangarda"

A idade xa non lles permite ser enfants, mais con toda certeza seguen a ser terribles. Rompente, o Grupo de Comunicación Poética que revolucionou o mundo cultural galego, volve case corenta anos despois cun novo libro, Que hostia din os rumorosos, que demostra que a sociedade aínda non dixeriu os códigos líricos que manexan. A irreverencia, a iconoclastia e, sobre todo, o humor, presiden unha conversa que reflicte o ánimo de camaredería que os leva, segundo confesan, á súa actitude de vangarda, aceptada mais talvez aínda non comprendida. 
O grupo Rompente fala dos seus proxectos na entrevista da semana. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Rompente revela a Sermos Galiza 'que hostia din os rumorosos'

Non esquezas procurar o semanario que estará nos puntos de venda habituais o sábado e que analiza o percorrido do Partido Galeguista e reflexiona sobre a traxectoria multidisciplinar do creador Fernando Blanco.
EuropaPress_3773692_anton_reixa_menchu_lamas_manuel_romon_alberto_avendano_anton_patino_editor
CULTURA

O colectivo Rompente retoma o fío da provocación poética

A poesía de Rompente volve 40 anos despois da man de Editorial Elvira e baixo o título Que hostia din os rumorosos?. Ilustrado por Menchu Lamas e Antón Patiño, o volume recolle novas composicións do grupo e tamén os poemarios xa editados polo colectivo a finais dos 70 e comezos dos 80.
Capa de 'Organización Nautilus', de Os Resentidos
star
Discos: 'Organización Nautilus, de Os Resentidos

Nazón do cha-cha-chá

Posibelmente Organización Nautilus sexa o disco máis redondo de Os Resentidos no capítulo musical.
resentidos
CULTURA

Os Resentidos regresan á escena do rock con 'Organización Nautilus'

Volven Os Resentidos e retornan á escena cunha ducia de temas que forman ‘Organización Nautilus’. A banda presentou o traballo acompañada do titular de Cultura da Xunta, Román Rodríguez, e de Antón Romero, artista de 14 anos con Trastorno do Espectro Autista, que achega as súas ilustracións ao disco.
Antón Reixa (Foto: Nós Diario).
star
Entrevistas

Antón Reixa: a perplexidade como filosofía

Antón Reixa (Vigo, 1957) rexeitaría con firmeza o adxectivo "polifacético", mais é a primeira palabra que vén á mente cando tratamos de resumir unha carreira que inclúe poesía, cine, televisión, radio, música, videoarte, performance e tantas outras cousas. O teatro non é a rama creativa pola que máis se lle recoñece, mais tamén na escena deixou a súa pegada –desde os recitais performativos de Rompente até o musical Galicia Caníbal, pasando polas colaboracións con Artello, Teatro do Morcego ou Lino Braxe. Agora, presenta Melancoholemia, unha obra que estreará o 25 de xullo na Mostra de Ribadavia e que vén de ser editada por Kalandraka.
Melancoholemia estreouse na MIT de Ribadavia. (Foto: Rosinha Rojo)
star
Escena

A perplexidade como arma

Se en Dinamarca hai máis porcos que persoas, o lóxico é unir esa anomalía coa pouco metódica dúbida do príncipe dinamarqués por antonomasia, Hamlet: ser ou non ser pode conformar unha cuestión que se xogue nun mapa de aldeas abandonadas. 
Fotogramas das obras proxectadas.
Cinema

(S8) reivindica a influencia anovadora de Antón Reixa e Antonio Segade

As obras dos dous creadores poderán verse no marco da sección Xerme, que o certame recupera o domingo para facer xustiza ao legado audiovisual galego máis experimental.
concerto-resentidos
CULTURA

Os Resentidos regresan ao estudio

Dúas novas cancións e novo disco a final de ano
tres tristes tigres
O grupo reúnense en Vigo 40 anos despois

Rompente, poesía e insolencia

Galiza espreguizábase após 40 anos de ditadura. Nas rúas decidíase entre ruptura e reforma. Nos escritorios dos poetas tamén. O grupo Rompente, cuxo núcleo formaban Antón Reixa, Manuel M. Romón e Alberto Avendaño, axiña tomou partido. E, como de deduce do seu nome, non o fixeron pola reforma. Os nenos terríbeis da poesía galega reúnense esta sexta feira, 4 de outubro, por primeira vez en catro décadas. Será dentro do Festival Kerouac.
Antón_Reixa_(AELG)-1-2
Estrea 'Melancoholemia' no Festival de Cans

A videopoesía perplexa de Antón Reixa

De quen é a culpa de que o cadáver saia movido na foto? A que soa un reggaeton sinfónico? É o sampler o mecanismo axeitado para escribir o século XXI? Que contén, a estas alturas, o submarino ruso Kursk, afundido en 2000? A poesía serve tamén á hora de procurar respostas a preguntas difíciles. Sábeo Antón Reixa (Vigo, 1957) e a iso dedica a súa nova proposta, Melancoholemia. Vida de Lonsome Mamarracho – Persoa, que se estreará no Festival de Cans.
 

Antón Reixa e Bernardo Atxaga
Segunda feira 17 de decembro

Reixa e Atxaga len poemas na Coruña

O ciclo Poetas Di(n)versos 2018 remata esta segunda feira, 17 de decembro, con dous escritores de máximo relevo: o vasco Bernardo Atxaga e o galego, de Vigo, Antón Reixa. A súa lectura será ás 20.30 horas no Centro Ágora da Coruña.
 

reixa
Publica a “crónica de 18 días en coma”

Esperanza e coraxe de Antón Reixa

O 27 de outubro de 2016 a vida de Antón Reixa partiu en dous. Quedou durmido mentres conducía en dirección Madrid, saíu da estrada e a violenta colisión desembocou en 18 días de coma inducido. A crónica desta experiencia, brutal e decisiva, é a materia que configura MICHIGAN/Acaso Michigan, o seu novo libro.
 

anton reixa
Rock in Cambre, a achega de Antón Reixa

Rock en Cambre. Rock en Galicia. Rock na Vida

reixa
SOCIAL

"Espero que O Diario Galego contribúa para renovar a axenda mediática galega"

Falamos con Antón Reixa sobre O Diario Galego, o proxecto de xornal en papel que prepara Sermos para 2019. O músico, escritor e cineasta aposta en que se rompa a fenda que hai "entre o alto nivel creativo da Galiza e a pouca información que circula arredor destes novos contidos".