apicultor

A presenza de osos no Courel incrementouse notabelmente nos últimos anos. (Foto: Fundación Oso Pardo)
Agora

A Xunta indemnizará un apicultor por danos de oso após negarlle a axuda

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza aceptou o recurso dunha persoa que produce mel para autoconsumo e condenou á Consellaría de Medio Ambiente da Xunta a pagarlle 1.793 euros, transcendeu a segunda feira. A institución, que admitiu que os danos foron provocados por un oso pardo, denegara en primeira instancia a axuda aducindo que a persoa afectada non tiña numeradas e identificadas individualmente as súas colmeas. Así e todo, a sentenza recolle que “ningún dos servizos veterinarios que coñeceron da instalación” lle comunicou este apartado, sinalando que ao tratarse dun particular non ten por que "ter un coñecemento profundo" da normativa.
Un exemplar de oso pardo camiñando nos Ancares (Foto: CRTVG).
SOCIAL

O TSXG condena a Xunta a pagar 1.793 euros a un apicultor polos danos que o oso pardo lle causou ás súas colmeas

A Consellería de Medio Ambiente negoulle a axuda por non telas identificadas de forma individual