comité de expertos

a mesa comité carta europea
LINGUA

A Xunta e o Estado incumpren as indicacións do Consello de Europa sobre o galego: "Non houbo avances significativos"

Estado e Xunta non cumpriron as indicacións que lles trasladou o Comité de Expertos do Consello de Europa para garantir os dereitos lingüísticos das galegofalantes. En 2024 toca avaliación do feito nestes anos. O Comité reuniuse esta cuarta feira cunha delegación galega, encabezada pola Mesa pola Normalización Lingüistica.