Covid-19

Imaxe dun paciente na UCI do Isabel Zendal. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
SOCIAL

Covid: A Xunta notifica 16 novos falecementos

Entre a terza e a cuarta feira finaron 30 persoas e na segunda feira comunicáronse 24 pasamentos de infectadas polo coronavirus que decorreron ao longo da fin de semana. A cifra de mortos xa está en 1.566.
José Ramón Lete Lasa ocupa o cargo de secretario xeral para o Deporte desde 2018. (Foto: Deporte Galego).
DEPORTES

Reaccións diversas á prohibición da Xunta do deporte federado galego

Críticas á improvisación e ás incertezas da norma
O presidente de Murcia, Fernando López Miras (á esquerda) e o conselleiro de Saúde, Manuel Villegas (Foto: Javi Carrión / Europa Press)
INTERNACIONAL

Dimite o conselleiro de Sanidade do PP que se vacinou saltando o protocolo

O conselleiro de Saúde de Murcia, Manuel Villegas, que se vacinou xunto a 400 membros do seu departamento sen pertenceren aos grupos prioritarios, presentou a súa renuncia. Horas antes afirmara que non tiña pensado abandonar o Goberno.

Illa recibido hoxe no Pazo de San Telmo, en Sevilla. (Foto: Jesús Morón)
POLÍTICA

O toque de recoller mantense nas 22 horas

O Goberno español non cedeu á petición case unánime das comunidades autónomas de adiantar a hora ás 20 horas ou mesmo ás 18 horas.
Unha atención na residencia San Carlos de Celanova. (Foto: BNG)
SOCIAL

Covid: Aumenta en 16 persoas máis o foco da DomusVi de Carballo

No entanto, as cifras son similares as de días anteriores despois de que o último parte da Xunta informara do falecemento de até 8 usuarias dos xeriátricos. A Consellaría de Política Social tamén informou dun incremento das infectadas en dúas residencias de atención á diversidade funcional: a Pai Menni de Betanzos (13) e Nosa Señora de Fátima e Cristo Rei de Crecente (22).
Aulas nun centro (Nós Diario)
SOCIAL

As aulas fechadas pola Covid achéganse a cen e a cifra de contaxios sobe até 2.242

Os centros fechados na Galiza son seis, dous máis ca onte.

Control da Garda Civil na Mariña, fechada por coronavirus. Foro de Carlos Castro (Europa Press)
SOCIAL

Cales son os motivos permitidos para saltar o feche perimetral?

O DOG publica os motivos permitidos para saír e entrar dos concellos e non ter que cumprir o fechamento perimetral.

coronavirus test máscara covid Javi Colmenero Europa Press
SOCIAL

Camiño dos 15.000 casos activos e 900 hospitalizados

O número de contaxios confirmados na última xornada supera os 1.300.

mapa
SOCIAL

Novidades na evolución municipal da Covid: consulta a situación do teu concello

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a  20 de xaneiro no teu concello así como o nivel de incidencia.

Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos.

Feixoo mascara foto Fb Concello Ourense
SOCIAL

Feixoo, de novo sen máscara nun acto nun espazo público

O presidente reincide, desta vez en Ourense.

En cor morada, os tres concellos con maiores restricións; en cor vermella, os 116 municipios no nivel 'máximo' de alerta (Infografía: Nós Diario).
As novas medidas entrarán en vigor na madrugada da cuarta á quinta feira

A Xunta suspende o deporte federado e aumenta as restricións en 56 concellos

Sanidade suspende as competicións de deporte federado e suma 56 concellos ao nivel máximo de restricións. En Arteixo, Viveiro e Xinzo fecha a hostalaría e prohíbe toda actividade non esencial.
A usuaria dunha residencia fóra da Galiza recibe unha dose da vacina. (Foto: Álvaro Calvo / Europa Press)
SOCIAL

Covid: Medran os focos das residencias de Vimianzo, Carballo, Pazos de Borbén e Crecente

Os positivos por coronavirus seguen aumentando tanto entre as usuarias e usuarios dos xeriátricos como nos cadros de persoal destas infraestruturas.

O sector cultural galego foi dos que máis acusou a crise.
TRABALLO

A pandemia destruíu máis de 23.000 empregos na Galiza

Menos dunha terceira parte dos empregos destruídos eran de persoas asalariadas
Feixoo nun acto decorrido en Ourense. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A Xunta pedirá ao Estado que o toque de recoller se estabeleza "na contorna das 20 horas"

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo, rexeitou apostar na idea do BNG dun confinamento duro durante dúas semanas e fala de que ese sería o "último recurso". No entanto, nunha visita a Ourense, advertiu: "Quédanos unha semana especialmente dura".
O alumnado do IES Arcebispo Xelmírez I, en Compostela, accedendo ás aulas (Foto: Arxina).
SOCIAL

Galiza supera os 2.100 contaxiados no ensino e hai 44 aulas e 4 escolas infantís fechadas

Duplican o número de contaxios que había ao reiniciar as aulas após a parada de vacacións de Nadal.

CarlosCAstroEuropaPress_3298841_profesional_sanitario_baja_ambulancia_viaja_paciente_covid-19_sido
SOCIAL

Un novo surto de coronavirus afecta a área de Medicina Interna do Meixoeiro

É o segundo foco de contaxio detectado en menos dunha semana neste centro hospitalario declarado polo Sergas 'libre de Covid'.
Cadeiras baleiras nunha terraza (Foto: David Zorrakino / Europa Press)
SOCIAL

Feche total da hostalaría e suspensión de actividade non esencial en Arteixo, Viveiro e Xinzo

O conselleiro recoñece que a situación da pandemia na Galiza é "moi preocupante".
Un sanitario realiza un test PCR a un cidadán (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Unha semana por riba do milleiro de novos contaxios cada día

Continúan aumentar casos activos e presión hospitalaria. A incidencia a 14 días abeira os 500 casos.

mapa
SOCIAL

Cambios na evolución da Covid: Aquí podes ver os datos do teu concello

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 19 de xaneiro no teu concello así como o nivel de incidencia.

Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos.

Residencia Santa Teresa de Jornet, na Coruña. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Covid: Sanidade comunica 24 novos pasamentos decorridos ao longo desta fin de semana

Na xornada de hoxe contabilizáronse un total de cinco vítimas do virus, se ben a Xunta tamén tivo confirmación de que varios 19 óbitos acaecidos entre a sexta feira e o domingo foron provocados pola pandemia.