Covid-19

Imaxe dun control de mobilidade na Galiza. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
SOCIAL

A Xunta suma 56 concellos ao nivel máximo de restricións, entre eles Vigo e Pontevedra

Na reunión co comité clínico que asesora ao Goberno galego sobre a evolución da pandemia desta segunda feira acordouse esta medida, que implica o fechamento perimetral dun total de 116 concellos nos que vive o 72% da poboación do país.
Unha muller e un home camiñan portando máscara polas rúas da cidade de Lugo (Foto: Carlos Castro/Europa Press).
INTERNACIONAL

O centralismo limita a acción das comunidades ante o virus

O Ministerio de Sanidade descarta polo de agora o confinamento domiciliario para frear a pandemia. Con todo, se algunha comunidade quixer implantar esta medida poderíase dar o mesmo caso que o acontecido en Castela e León, onde o Executivo español recorreu no Supremo a decisión de adiantar o toque de recoller.
manaos_cemiterio
INTERNACIONAL

A distribución das vacinas, "un vimbio máis no cesto da desigualdade mundial"

A desigualdade entre ricos e pobres é cada vez maior, tanto a nivel interno dos países máis desenvolvidos como a nivel mundial entre estes e o resto. A OMS e a ONU levan meses alertando da necesidade de, nun mundo globalizado, afrontar a pandemia como unha única familia. Non está a ser o caso, aínda que tamén hai excepcións.
teatro_EuropaPress
Xornadas de análise no Consello da Cultura

A Covid-19 e a participación da cidadanía na vida cultural

O Consello da Cultura arrinca a xornada Participación e públicos culturais en tempos de Covid-19, da que se publicarán relatorios en liña e sobre os que se debaterá na próxima quinta feira.
Dous traballadores sanitarios nunha residencia de maiores da Galiza. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Covid: As residencias abeiran as 560 infectadas após dez novos contaxios na DomusVi de Ribeira

Hai 362 usuarias enfermas, das que gran parte pertencen ás DomusVi de Ribeira e Vimianzo, á Paz e Ben de Tui e aos xeriátricos da Pastoriza, Santa María de Verín e Quercus de Leiro.
Aula da universidade (arquivo).
SOCIAL

A proposta dun paro académico na USC non segue adiante

O artigo 39.3b non cubre os exames finais.

Elvira Lama (PSOE), alcaldesa de Xinzo de Limia.
SOCIAL

Xinzo recomenda a súa veciñanza adiantar o toque de recoller ás oito

Recomenda aos comercios fechar ás seis.

EuropaPress_3223480_punto_control_guardia_civil_trafico_entrada_comunidad_gallega_traves
SOCIAL

Policía e Garda Civil realizaron nestes 3 días 1.281 controis, identificaron 22.400 persoas e tramitaron 500 sancións

Desde a entrada en vigor a sexta feira das últimas restricións e medidas fronte á pandemia 
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Internista do Chuac: "Non temos un control sobre a infección"

O doutor  Alvaro Mena,  internista do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña ( Chuac), instou ao  autoconfinamiento ante a actual situación no hospital e os datos de incidencia da Covid-19.

sanidade coronavirus covid persoa sanitario foto europe
SOCIAL

A terceira onda da Covid non dá tregua

Seguen a aumentar os casos activos, os contaxios e a presión hospitalaria. Nos últimos 7 días rexistráronse máis de 7.800 novos infectados.

Os exames presenciais comezaron tras as festas de Nadal nas tres universidades galegas. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

Convocan un paro académico na USC contra a avaliación presencial

O empeoramento da Covid-19 e a falta de medidas específicas para o ensino leva o alumnado universitario a reclamar diálogo e maior flexibilidade para a relaización dos exames de maneira telemática.
Unha mostra dunha PCR. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Unha ducia de pacientes do Meixoeiro, positivo por coronavirus

O surto foi detectado polo Servizo Galego de Saúde na planta de Xeriatría do centro sanitario de Vigo. Hai dez persoas máis pendentes de evolución.
Entroido_de_Viana_do_Bolo_2018_-_08
CULTURA

Conta atrás para un Entroido alternativo obrigado polo coronavirus

A maioría dos concellos que acubillan os entroidos máis concorridos xa anunciaron a suspensión dos festexos e das citas tradicionais. Porén, hai propostas alternativas que buscan manter o espírito das máscaras e respectar as restricións fronte ao coronavirus. 
Un traballador sanitario traslada unha persoa anciá nas inmediacións da residencia de San Cibrao. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Un surto na residencia Quercus de Leiro eleva os casos de coronavirus nos centros de maiores

Ao foco declarado na residencia de Leiro, con 31 persoas contaxiadas, hai que sumarlle outro na residencia de atención á discapacidade Pai Menni de Betanzos, con 17 nocos casos.

Persoal sanitario atende na UCI un paciente de Covid-19 (Europa Press).
SOCIAL

Galiza supera o récord de hospitalizacións da segunda vaga e a barreira das 1.500 persoas falecidas

A evolución da Covid na Galiza complica a situción nos hospitais da Galiza e aumenta a presión asistencial. Por áreas sanitarias, Ourense, Santiago A Coruña e Ferrol ofrecen os peores datos en canto a incidencia acumulada a 14 días.

O plan de continxencia do Sergas contempla a colaboración entre centros sanitarios. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O empeoramento da pandemia obriga a trasladar dous pacientes con Covid-19 de Ferrol a Lugo

O Sergas admite que o protocolo de colaboración non é novo e busca "deixar marxe" ante o posíbel empeoramnto de doentes xa hospitalizados e a chegda de novos enfermos.
Nieves Cabo recibe a segunda dose da vacina contra a Covid-19 (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

Nieves Cabo, primeira galega inmunizada contra a Covid-19

A primeira muller vacinada na Galiza vén de recibir a segunda dose tres semanas despois de serlle administrada a primeira na residencia Porta do Camiño. A canda ela, completaron o ciclo de vacinación varias profesionais do mesmo centro.
Un home permanece nunha ambulancia após ser trasladado dunha residencia de anciáns (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Os centros sociosanitarios rexistran 566 casos activos por coronavirus

Os novos contaxios afectan fundamentalmente ao colectivo de traballadores e traballadoras máis ao persoal residente e profesional dos centros de atención á diversidade.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Sanidade non descarta endurecer as restricións en Vigo e Pontevedra

A evolución epidemiolóxica negativa das cidades sen nivel máximo de restricións pode levar ao Comité Clínico a recomendar medidas de prenvención máis severas.
Alumnado do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela no inicio do curso escolar. (Foto: Arxina)
SOCIAL

As aulas galegas rozan os 1.700 casos de Covid tras sumar 157 novos positivos nunha xornada

O PAI de Riós, na comarca de Verín, súmase a outras dúas escolas infantís fechadas pola pegada do coronavirus