SOCIAL
Familias das vítimas da xestión da pandemia nas residencias claman xustiza
26/set./20
“Houbo 24 veces máis posibilidades de morrer nunha residencia privada que nunha publica”, denunciou Xosé Bernárdez (Vellez Digna), durante o transcurso da mobilización deste sábado 27 de setembro en Vigo. “Dereitos, xustiza e dignidade", reclamaron nun acto que se repetirá o domingo en Compostela.
INTERNACIONAL
Illa recoñece "risco serio" para as comunidades limítrofes a Madrid, mais non fecha a capital
26/set./20
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, pediu este sábado á Comunidade de Madrid "revisar as súas decisións e escoitar a ciencia" á hora de xestionar a pandemia do coronavirus. "Hai un risco serio para os seus habitantes e os das comunidades limítrofes", dixo, a pesar de que a rexión siga sen fecharse.
SOCIAL
Galiza suma 267 novos contaxios e un falecemento a causa da Covid-19
26/set./20
Os casos de coronavirus rexistrados nas últimas 24 horas na Galiza ascenden a 267, detectándose 45 positivos máis que na xornada anterior (13 deles en residencias). Ademais, o número de mortes ascenden a 727, após rexistrarse na sexta feira o falecemento dun home de 65 anos no Hospital Lucus Augusti (HULA) de Lugo
SOCIAL
Sanidade ve “risco de extensión” da cadea de contaxios no surto de Vilanova
26/set./20
Este sábado entraron en vigor as restricións implantadas pola Consellaría de Sanidade en Vilanova de Arousa ante a "situación de risco de extensión das cadeas de transmisión" observada nos últimos días.
POLÍTICA
O Parlamento propón permitir a asistencia telemática e delegar o voto en caso de corentenas
26/set./20
Ante o actual contexto e a posibilidade de que un surto de coronavirus afecte os grupos parlamentares, un informe dos servizos xurídicos da Cámara galega propón unha reforma do regulamento para posibilitar unha alternativa ao funcionamento tradicional do hemiciclo e evitar así unha eventual parálise do Lexislativo.
SOCIAL
A OMS alerta dunha posíbel escaseza de vacinas contra a gripe a nivel mundial
26/set./20
A Organización Mundial da Saúde (OMS) alerta dunha posíbel escaseza a nivel mundial da vacina para facer fronte á gripe ante o aumento da demanda e a falla de produción.
SOCIAL
A pediatría, desbordada na volta ao cole entre o arrefriado leve e a Covid-19
26/set./20
No inicio do curso é habitual que a rapazada contraia infeccións respiratorias, cuns síntomas que corresponden aos da Covid-19 recollidos no protocolo da Xunta. O persoal de Pediatría acumula consultas para distinguir a causa da tose e dos mocos do alumnado mentres este agarda na súa casa. E advirte das dificultades de atender unhas axendas cada vez máis avultadas. Todo nun servizo cun déficit crónico de especialistas.
SOCIAL
A CIG di que Xunta e Avigal sabían "hai tempo" da existencia de positivos na avícola
25/set./20
Este sindicato asegura que tanto a empresa como a Administración coñecían "hai tempo a existencia de positivos" e "continuouse traballando".
SOCIAL
A valedora lamenta a "criminalización" da mocidade e pide que non volva ser "a damnificada" desta crise
25/set./20
Fernández Galiño presentou a memoria da Valeduría do Pobo do 2019.
SOCIAL
Case 23.000 persoas enfermaron de coronavirus na Galiza desde o inicio da pandemia
25/set./20
A Consellaría de Sanidade vén de informar de que o número de casos activos descendeu de maneira limitada até 4.452. No entanto, entre a noite da cuarta feira e onte, rexistráronse 221 novos contaxios.
SOCIAL
Covid: Sanidade inclúe Vilanova de Arousa nos concellos con restricións
25/set./20
A decisión tomouse esta mesma mañá na xuntanza do Subcomité clínico de expertos sanitarios.
SOCIAL
Medran até os 316 os casos activos nas residencias de maiores
25/set./20
Os contaxios volveron aumentar nos centros xeriátricos após que onte a Consellaría de Política Social informara de 307 positivos. O maior incremento detectouse na residencia Santa Marta de Vigo. As cifras de traballadoras afectadas mantense na mesma liña con só tres baixas nas últimas 24 horas.
SOCIAL
A Covid nos centros de ensino da Galiza: 219 positivos e 54 aulas fechadas
25/set./20
Hai positivos nun total de 165 centros de ensino non universitario e escolas infantís.
SOCIAL
A metade dos positivos relacionados coa avícola de Cambados son contactos directos e familiares do persoal
25/set./20
Até o momento realizáronse 173 probas, das cales 96 resultaron nun resultado positivo.