Rusia emite unha queixa formal contra Alemaña pola investigación sobre o atentado ao Nord Stream

Convencións contra o terrorismo da ONU.
Edificio danado en Kursk (Rusia) durante a incursión ucraína. (Foto: Bai Xueqi / Xinhua News / ContactoPhoto)
photo_camera Edificio danado en Kursk (Rusia) durante a incursión ucraína. (Foto: Bai Xueqi / Xinhua News / ContactoPhoto)

Rusia rexistrou “formalmente queixas bilaterais”, “incluso ante Alemaña”, polas investigacións arredor do atentado en 2022 contra o gasoduto Nord Stream, que une ambos os dous países, subliñou Oleg Tyapkin, encargado do continente europeo no Ministerio de Asuntos Exteriores ruso, en declaracións recollidas a segunda feira pola axencia RIA.

Os documentos cuestionan se estas pescudas están a cumprir coas obrigas en materia das convencións antiterroristas da Organización das Nacións Unidas (ONU). Suecia e Dinamarca xa fecharon as súas investigacións, e no caso teutón filtrouse que emitiu unha orde de arresto contra un mergullador ucraíno mentres Moscova responsabiliza o Reino Unido e os Estados Unidos polo ataque.

Incursión ucraína

Ao respecto da incursión ucraína na rexión rusa de Kursk, que a terza feira entra na súa terceira semana, o presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, asegurou que aspira a crear unha "zona de amortecemento" entre reportes de que os avances do seu Exército se terían freado.

Comentarios