A ONU exixe a Israel que investigue realmente os ataques de colonos contra a poboación palestina da Cisxordania ocupada.

Josep Borrell, alto representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e de Seguridade, formulou a posibilidade de impoñer sancións aos membros do Goberno israelí por permitir a violencia dos colonos.
Revisan un coche queimado un día despois do ataque de colonos xudeus á aldea de Jit, preto de Nablus, na Cisxordania ocupada. (Foto: Europa Press)
photo_camera Revisan un coche queimado un día despois do ataque de colonos xudeus á aldea de Jit, preto de Nablus, na Cisxordania ocupada. (Foto: Europa Press)

A Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos (ACNUDH) esixiu responsabilidades polo "horríbel" masacre de civís palestinos en Cisxordania, e denunciou que o ataque desta quinta feira na localidade de Jit "non foi un caso illado".

"Levamos anos denunciando que os colonos atacan impunemente as comunidades palestinas nas súas terras en Cisxordania, e este é realmente o motivo do problema: a impunidade da que gozan os autores deste tipo de actos", lamentou a portavoz, Ravina Shamdasani. 

A realidade dos nativos dos territorios ocupados, segundo ACNUDH, non é máis que unha "consecuencia directa" da política de ocupación de Israel, que trouxo consigo "anos de violencia dirixida contra as comunidades palestinas por parte dos colonos israelís".

Shamdasani criticou que as investigacións foron “moi poucas”, e insistiu en que hai que poñer fin a esta situación; para iso, declarou, os responsábeis deben ser declarados como tales.  Situación. “Hai informes”, desvelou, “que indican que se reparten armas entre os colonos”, o que demostraría a responsabilidade do Estado de Israel.  

Pola súa parte, Josep Borrell, alto representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e de Seguridade, formulou a posibilidade de impoñer sancións aos membros do Goberno israelí por permitir a violencia dos colonos contra os nativos da Cisxordania ocupada.

Desde o pasado 7 de outubro morreron polo menos 609 palestinos en Cisxordania, entre eles 146 nenos, oito mulleres e polo menos catro persoas con discapacidade, segundo os últimos datos do ACNUDH.

O último ataque ocorreu na aldea de Jit. Uns cen colonos israelís, armados con porras, armas de fogo e cócteles molotov, atacaron en masa aos palestinos e mataron a unha persoa.

Comentarios