Detectan un foco da Covid-19 nunha granxa de visóns en Carral
Galiza fai un mes sen estado de alarma con 71 pacientes Covid ingresados e 1.679 casos activos
Galiza fai un mes sen estado de alarma -quedou sen efecto o domingo 9 de maio- coa situación epidemiolóxica en descenso en casos activos da Covid-19, que caen a 1.679, así como cun novo alivio da presión hospitalaria, con 71 pacientes ingresados -oito menos que a xornada anterior-. Pola súa banda, os novos contaxios descenden a 71 -once menos que o día pasado- e a taxa de positividade baixa a un 1,3%.
Un paso máis cara a "nova normalidade": Desaparecen da Galiza as restricións máis elevadas
O Sergas cubrirá "ocos" na campaña de vacinación cos maiores de 18 anos que o soliciten
O Sergas inicia o ensaio clínico pediátrico da vacina de Pfizer en menores de 12 anos
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) iniciou esta semana o ensaio clínico en menores de 12 anos coa vacina de Pfizer-BioNTech contra a Covid-19 que leva a cabo no Hospital Clínico de Santiago.
Os pacientes Covid ingresados na Galiza descenden a 79 e os novos contaxios aumentan a 82
Galiza experimentou un novo alivio da presión hospitalaria a piques de facerse un mes sen estado de alarma, ao descender a 79 os pacientes ingresados pola Covid-19, catro menos; mentres que os novos contaxios incrementáronse a 82, que supoñen 28 máis que a xornada anterior. Polo seu lado, os casos activos seguen en descenso e caen a 1.729.
Sen máscara ao aire libre en "xullo ou incluso antes"? As previsións de Simón
Madrid burla as novas restricións do Goberno español
A Xunta oculta un surto de coronavirus no seu edificio administrativo da Coruña
Parte do persoal funcionario exixe a dimisión da xefa territorial da Xunta porque a Administración galega non informou do brote e, ante as consultas da CIG, mesmo chegou a restarlle importancia.
Moderna postúlase como vacina para a mocidade europea de 12 a 17 anos
A farmacéutica vén de anunciar que solicitou á Axencia Europea de Medicamentos (EMA) o permiso para poder comercializar a súa vacina como remedio contra a Covid-19 na adolescencia na Unión Europea.
Consulta aquí as novidades de hoxe na evolución da Covid no teu concello
Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 7 de xuño no teu concello así como o nivel de incidencia
Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 7 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxeno