Consulta aquí as novidades de hoxe na evolución da Covid no teu concello
Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 1 de xuño no teu concello así como o nivel de incidencia
Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 7 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxeno
Bruxelas recomenda aos 27 iniciar a retirada das restricións ás viaxes
O comité clínico confía en eliminar os límites ás xuntanzas en "dúas semanas"
Feixoo aposta no ofrecemento de vacinas ás turistas como "reclamo" para visitar Galiza
Sanidade traballa co escenario da inmunidade de grupo na Galiza en "dous meses"
O Sergas recibirá esta semana 75.000 vacinas de Astrazeneca, suficientes para os menores de 60 que a elixan.
Os galegos coa pauta completa de vacinación superan xa a suma dos habitantes de Vigo, A Coruña e Ourense
O 28,5% da poboación a vacinar no conxunto da Galiza xa finalizou o proceso, 672.243 persoas. Máis do 51% da poboación galega a vacinar recibiu polo menos unha dose.
Nove xornadas consecutivas de descenso nos casos activos
Galiza inicia a semana cunha repunta de hospitalizados e os novos contaxios redúcense a 76.
Así é a evolución do coronavirus no teu concello: podes ver aquí a situación a día de hoxe
Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 31 de maio no teu concello así como o nivel de incidencia
Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 7 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxeno
Descenden os casos activos mais aumenta a presión hospitalaria con 10 ingresos máis
Aínda que a taxa de positividade das PCR mantense en torno a 2% os novos contaxios detectados nun só día soben a 124. A área con máis novos contaxios é Vigo con 39 e a que menos a de Ourense-Verín-O Barco, con cinco.
Baixan os casos activos nos centros educativos menos en Compostela
O total de estudantes contaxiados na Galiza reduciuse en 22 polo que agora son 501. A Área de Compostela incrementouse en tres casos. O centro máis afectado da Galiza é o IES de Mos con 33 infeccións activas e catro aulas fechadas.
Descende a presión hospitalaria, con 14 ingresos menos
Os novos contaxios detectados baixan até 110 nunha xornada na que se realizan unhas 1.500 PCR menos que a anterior. Aínda así Sanidade notificou dous novos falecementos como consecuencia da Covid-19.
Novo paso na desescalada: as visitas culturais e turísticas poderán ser de 20 persoas
Así o contempla o Diario Oficial da Galiza (DOG) na súa edición bis desta sexta feira. Aliás, anuncia que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza avala as restricións da Xunta pola Covid-19 e evita acudir ao Supremo. O visto e prace da Xustiza terá validez até o 12 de xuño, xornada na que está previsto realizar a proba piloto da desescalada no lecer nocturno. O permiso do Superior é preciso para que as medidas teñan aplicación após decaer o estado de alarma hai varias semanas.
3.000 asintomáticos menores de 20 anos terían actuado como vectores de transmisión da Covid-19
Durante o primeiro ano de pandemia, o 99% das mortes pola Covid-19 producíronse en persoas maiores de 50 anos, e máis do 70% eran maiores de 80 anos, pese a representar menos do 9% da poboación galega. Son datos recollidos dun estudo asinado por Iván Area e Henrique Lorenzo (Universidade de Vigo); Juan J. Nieto (Universidade de Santiago de Compostela) e Pedro J. Marcos (director asistencial e neumólogo do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, Sergas)
Os casos activos, 2.400, sitúanse en rexistros do mes de agosto
Galiza encara o novo alivio das restricións fronte á Covid-19 -que desde este sábado inclúen reunións de seis persoas en interior e 10 en exterior, así como aumento de capacidades en locais comerciais e outras actividades- con 2.400 casos activos -unha vintena menos- e a presión hospitalaria en descenso con 121 pacientes ingresados, tres menos.
As produtoras independentes de audiovisual piden axuda á Xunta
Covid: Os casos activos baixan por quinto día consecutivo
Os novos contaxios de Covid mantéñense en 130 e a taxa de positividade segue por baixo do 2%.
Así é a evolución do coronavirus no teu concello: podes ver aquí a situación a día de hoxe
Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 25 de maio no teu concello así como o nivel de incidencia
Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 7 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxeno