economía

ECONOMÍA

Altos cargos da Xunta cobran un plus por “perda de poder adquisitivo”

Desde a CIG demandan a estes altos cargos que renuncien a este complemento, “legal pero inmoral”.

Fernández de Sousa
ECONOMÍA

Fernández de Sousa dimite como presidente de Pescanova

Os resultados da auditoría forense, que apuntan a graves irregularidades para agochar a débeda da multinacional, facían prever o abandono de Sousa. El marcha, mais non recoñece erros

Novagalicia Banco
ECONOMÍA

O Estado quere que NGB vaia a mans de La Caixa

A entidade financeira, en mans do Estado, pode acabar en mans de Caixabank. Esa é a opción favorita do FROB, fronte aos fondos estranxeiros de investimento dos que gostan Castellano e Feijóo

naval, estaleiro
ECONOMÍA

Sentenza de Bruxelas contra o naval galego

A Comisión decidiu por consenso esta cuarta feira considerar "ilegais" as axudas do 'tax-lease', polo que hai que devolvelas. Será o goberno español o que ten que decidir quen devolve estas axudas e a contía a reingresar. A decisión de Bruxelas sitúa na corda bamba máis de 15.000 empregos na Galiza

Estaleiro, naval
ECONOMÍA

O Día D para o naval galego

A comisión da Competencia da UE decide esta cuarta feira se o naval ten que devolver as axudas polo 'tax-lease'. Unha decisión da que penden máis de 15.000 empregos na Galiza. Vídeo no interior

euro
ECONOMÍA

Os banqueiros españois, os que máis cobran de Europa: 2,4 millóns de euros anuais

O informe da Autoridade Bancaria Europea (EBA, en inglés) cifra en 125 os banqueiros do Estado español que gañan máis dun millón de euros ao ano

Consello da Xunta
ECONOMÍA

Galiza, medalla de prata nos déficits do Estado español

En só cinco meses rexistrou un déficit de 405 millóns de euros, o 0,72% do PIB, case o duplo que a media estatal

naval
ECONOMÍA

Encerramento nos estaleiros galegos para presionar a Bruxelas

Os traballadores do naval galego decidiron por unanimidade nas asembleas iniciar un encerramento de 24 horas nos estaleiros da Ría de Vigo. Unha protesta que manterán até a decisión da comisión esta cuarta-feira sobre a devolución das axudas do tax-lease

naval vigo
ECONOMÍA

Milleiros rexeitan nas rúas de Vigo a soga de Bruxelas no pescozo do naval

Unha multitudinaria manifestación, máis de 40.000 persoas segundo os sindicatos, percorreu a cidade en defensa dun sector chave para comarca e Galiza horas despois de que Almunia insistise na devolución das axudas do 'tax-lease'. Vídeo no interior

Romay Beccaría
POLÍTICA

Bárcenas implica a Romay Beccaría na trama das contas en B no PP

O director de 'El Mundo', Pedro J. Ramírez revelou ante o xuíz que o ex-tesoureiro sinalou a Romay Beccaría como a persoa á que entregar unha 'doazón' de 300.000 euros en metálico para o partido.

Joaquín Almunia
ECONOMÍA

Almunia rexeita os argumentos e insiste en que hai que devolver o `tax-lease'

Só acepta eximir a estaleiros e armadores da obriga de devolver as axudas. 

ECONOMÍA

A Xunta non quer que tramite reclamacións das preferentes persoal que non sexa de confianza

CIG-administración denuncia que máis dun terzo do persoal que traballa no Instituto Galego de Consumo son asistencias técnicas. "Apártase ao persoal funcionario que non é de confianza de temas políticamente sensíbeis como a tramitación de expedientes das preferentes"

Instalacións de Pescanova
ECONOMÍA

A cúpula de Pescanova desenvolveu prácticas “irregulares” para ocultar a débeda

A auditoría forense sinala que houbo planificación de decisións e manobras para dar resultados ficticios

Reunión da Mesa do Parlamento de Galiza
ECONOMÍA

O Parlamento galego insta a Bruxelas a reconsiderar a devolución do 'tax-lease'

O PP negouse a convocar un pleno para debater acordar medidas para o naval

ECONOMÍA

28.000 afectad@s polas preferentes piden o Fondo de Garantía que merque as súas accións en NGB

Só 2.500 permutaron os produtos por depósitos a longo prazo

Operarias nunha carpinteiría industrial
ECONOMÍA

O menor aumento salarial e as xornadas laborais con máis horas desde hai 20 anos

O Consello Galego de Relacións Laborais recoñece que no primeiro semestre do ano o medre salarial non foi nin a metade do que aumentou o IPC. Aliás, apunta, na Galiza trabállanse máis horas do que nunca nestes últimas dúas décadas. E faise con soldos cada vez máis baixos

Juan Torres López
ECONOMÍA

Juan Torres López: “Quérense impor os fondos de aforro privado como alternativa ás pensións públicas”

En pleno debate social e --sobre todo-- político arredor das pensións públicas, entrevistamos ao catedrático de economía Juan Torres López interrogándoo sobre cal é a situación que afrontan e baixo que coordenadas se pode asegurar a súa sostibilidade. Torres sinala tamén as principais falsidades difundidas polo discurso dominante e presentadas como axiomas técnicos.

POLÍTICA

O Concello da Coruña gastará 14,5 millóns nun túnel "innecesario" para arquitect@s e oposición

O goberno municipal do PP presenta un plan para A Mariña que xa foi contestado por BNG, PSOE e mesmo o Colexio de Arquitectos e que se unirá ás moi custosas obras no Parrote, con dúbidas sobre o financiamento

ECONOMÍA

Arredor de 40 mil traballadoras/es en Galiza fican esta segunda feira sen o seu convenio

Hoxe 8 de xullo finaliza o prazo para que aqueles convenios cuxa vixencia acabou hai un ano ou máis se renoven. No conxunto do Estado, por volta de 1.900.000 asalariad@s verían unha merma nos seus dereitos e nas súas condicións laborais. Na Galiza, son 36.342 @s afectad@s, segundo Consello Relacións Laborais

Anuncio NGB
ECONOMÍA

O Banco de España quer que NGB sexa para entidades "sás e españolas"

O supervisor non quer que fondos de investimento estranxeiros merquen Novagalicia Banco, senón entidades solventes e españolas. Unha postura que bota polo chan as aspiracións de Feijóo e do presidente de NGB, Castellano