emprego

Manifestación CCOO-UGT en Vigo
TRABALLO

UGT e CCOO esixen nas rúas “emprego de calidade”

Cos datos da EPA como pano de fondo e as case trescentas mil persoas desempregadas na Galiza, UGT e CCOO saíron ás rúas nestes primeiro de maio co lema “sen emprego de calidade non hai recuperación”. Milleiros de persoas xuntáronse nas nove manifestacións convocadas polas dúas centras sindicais estatais na Galiza. 

IMG_9801
TRABALLO

32.000 sinaturas apoian a Iniciativa Lexislativa Popular polo emprego da CIG

A central sindical nacionalista presentou no Parlamento a Iniciativa Lexislativa Popular que defende 100 medidas para a creación de emprego e o crecemento económico. Vídeo no interior.

Acto de recollida de sinaturas
Galiza

A CIG entrega no Parlamento as sinaturas da ILP polo Emprego

Unha manifestación de delegad@s da CIG sairá da Alameda de Compostela para se dirixiren ao Pazo do Horreo onde entregarán as sinaturas recollidas para a presentación da Iniciativa Lexislativa Popular polo Emprego que promove a central nacionalista.

14-03-10 Manifestacion Ferrol10.grande
TRABALLO

A demanda de emprego digno toma a rúa no Día da Clase Obreira Galega

Manifestacións nas principais cidades do país convocadas polas centrais sindicais clamaron polo dereito ao traballo. Ferrol congregou os actos centrais do 10 de marzo. 

Operarias nunha carpinteiría industrial
ECONOMÍA

A industria perdeu un 21,8 % de emprego nos cinco anos de goberno de Feijóo

Desde marzo de 2009 o sector industrial perdeu 35.536 afilia@s o que supuxo unha redución dun 21.8% pasando de 163.214  a 127.678 rexistrad@s a finais de 2013. O BNG pide explicacións no Parlamento polo desmantelamento do emprego industrial.

Pazo de Raxoi
Galiza

A trama de emprego do PP no Concello de Santiago que non destapou a Pokemon

O concelleiro do PP responsábel de Centros Socioculturais, Francisco Javier Noya, vén de ascender sen concurso público ao laboral Enrique Vázquez Naveira, candidato do PSOE na Baña durante tres lexislaturas. Pola súa xestión, o concello está a ter que admitir por sentenza xudicial a traballadoras que entraron a través da empresa de Burgos Arasti Barca. 

feijóo
TRABALLO

Os incentivos empresariais centran o Plan de emprego xuvenil da Xunta

O goberno galego deu luz verde no Consello da Xunta ao Plan de emprego xuvenil 2014-2015. O programa visa "loitar contra o paro entre os menores de 30 anos" con "incentivos á contratación".

DSC_5340 (1)
SOCIAL

"O PP quere as mulleres outra volta na casa"

A comisión de acción feminista do BNG da Coruña e Galiza Nova denunciaron cunha performance no Obelisco as consecuencias das políticas neo-liberais, entre elas "a feminización da pobreza", "a precarización laboral das mulleres" e a "invisibilización do seu traballo na esfera doméstica". Vídeo no interior.

POLÍTICA

O PSdeG: activar 555 millóns de euros para crear 30.000 empregos

Os socialistas propoñen aumentar os ingresos en 337 millóns cun novo modelo fiscal e reducir o gasto improdutivo en 218 millóns de euros. Eses cartos irán para a recuperación do tecido económico e blindar os servizos sociais.

 

POLÍTICA

O BNG pide no debate de orzamentos mobilizar 700 millóns de euros para emprego e gasto social

O portavoz nacionalista, Francisco Jorquera, defendeu unha emenda transversal aos Orzamentos 2014 para procurar, dixo, máis medre económico e benestar social.

psoe
POLÍTICA

Besteiro di que o PSOE fará ''unha aposta decidida'' nas políticas de emprego

Nunha xuntanza con deputad@s e senador@s deste partido para avaliar os dous anos de Rajoy á fronte do Goberno español, o líder do PSdG-PSOE concluíu que "España está peor e Galiza moito peor".

investigador
ECONOMÍA

En Galiza destruíronse 1.240 empregos de persoal investigador nestes tres anos

Investigadores, técnicos,... o persoal que en Galiza traballa no eido do I+D+i está a engrosar a lista de desemprego a pasos axigantados. Só entre 2010 e 2012 no noso país destruíronse 1.240 empregos de persoal investigador. Unha media de un por día.

Porco
Galiza

Galiza Nova entrega a Feijóo unha cacheira e exíxelle un cambio de rumbo na política de emprego

Xunto coa cacheira a organización xuvenil entregou na Xunta de Galiza unha batería de medidas para a creación de emprego entre as faixas de idade máis novas onde o desemprego supera o 50%. 

oficina emprego
ECONOMÍA

20 millóns de euros menos para fomentar o emprego no ano récord do paro

A oposición coincide en sinalar que os orzamentos da Consellería de Traballo e Benestar son a mellor mostra da renuncia do goberno de Núñez Feijóo a facer algo polo emprego.

Corcoesto
SOCIAL

236 voces da comunidade científica pide á Xunta que prohiba o emprego de cianuro na minería

Persoal de departamentos de 20 universidades e organismos públicos avalan a petición impulsada pola Sociedade Galega de Historia Natural e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños.

Manifestación nacional polo emprego
ECONOMÍA

Manifestación nacional polo emprego

A CIG mobilizouse na capital galega o pasado 19 de outubro para defender o dereito ao emprego
P1100425
ECONOMÍA

Manifestación polo dereito ao emprego

P1100411
Galiza

Miles polo emprego en Compostela

"Queremos traballar e non emigrar". Ese foi o berro que asolagou este sábado 19 de outubro as rúas da capital galega na manifestación convocada pola CIG.

Miguel Malvido
ECONOMÍA

“Hai que combater esa falacia interesada de que non é posíbel outro modelo de economía e sociedade”

Falamos con Miguel Malvido, secretario confederal de Emprego, da campaña impulsada por este sindicato para situar o debate sobre o paro, as causas e as alternativas, no epicentro do debate.

VIGO
Galiza

CIG leva ás rúas e aos centros de traballo a súa campaña polo dereito ao emprego

Ducias de manifestacións percorreron vilas e cidades galegas dentro da campaña 100 medidas para o crecemento económico e a creación de emprego na que a CIG achega "propostas e alternativas" orientadas a unha saída social da crise. Este sábado (12 h, Alameda), a campaña chegará a Compostela nunha manifestación nacional.