Fandicosta

fandicosta
Agora

Sindicatos, persoal e Xunta abordan o futuro de Fandicosta e o proceso de venda

Os sindicatos UXT, CCOO e CIG e mais os membros do comité de empresa de Fandicosta reúnense esta cuarta feira de novo con representantes da Xunta da Galiza para abordar os avances no proceso de venda da pesqueira galega. Segundo informaron onte fontes sindicais, o encontro decorrerá nas dependencias da Consellaría de Economía, Industria e Innovación en Santiago de Compostela, a partir das 12 horas, polo que prevén que acuda a conselleira, María Jesús Lourenzá. Os sindicatos solicitaron a semana pasada este encontro debido a que nos próximos días rematará o prazo da prórroga do preconcurso de acredores, ademais do actual expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) que iniciou Fandicosta a comezos de ano mentres negociaba a venda.
fandicosta
Agora

Sindicatos e comité de empresa de Fandicosta reúnense con representantes da Xunta

Os sindicatos UXT, CC.OO. e CIG e os membros do comité de empresa de Fandicosta volveranse reunir esta quinta feira con representantes da Xunta da Galiza. Segundo informan fontes sindicais, o Goberno galego emprazounos a un encontro en Compostelaa partir das 17, despois de que o solicitasen hai semanas por carta para coñecer o estado actual da venda da pesqueira galega a Wofco. A pesar de que a intención era volver reunirse coa conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lourenzá, por agora non hai confirmación oficial de que ela acuda ao encontro, pero si o farán representantes do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).