Ferrol

Alberto Núñez Feixoo onte na rolda de prensa posterior o Consello de Goberno. (Foto: Xunta de Galiza)
POLÍTICA

A Xunta defenderá a Lei de saúde no Constitucional

Despois do Consello de Goberno da Xunta desta sexta feira, Feixoo anunciou que a Xunta tratará de que o Tribunal Constitucional non continúe coa suspensión de parte dos artigos da modificación á lei de saúde da Galiza, ademais de amosarse confiado de que por medio da negociación poderán fechar un acordo.
carvalho calero
CULTURA

Un manifesto demanda que a casa de Carvalho Calero teña usos culturais

Como vector para un proxecto viábel, para revitalizar o barrio e “dignificar a memoria de Carvalho”.

Imaxe de arquivo do Arsenal Militar de Ferrol. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Defensa, contraria a eliminar os nomes franquistas de Ferrol

O Ministerio afirma que os nomes vinculados coa ditadura no Arsenal "lembran membros da Armada ou buques con vinculación coa cidade de Ferrol".

Navantia. Europa Press
TRABALLO

As auxiliares de Navantia prescinden duns 1.500 operarios pola falta de carga de traballo

Mobilización do naval esta cuarta feira.
fotonoticia_20210409160944_1920
CULTURA

Converter a casa natal de Carvalho Calero nun complexo cultural

O anteproxecto para recuperar a casa natal de Ricardo Carvalho Calero pretende converter o espazo, no barrio de Ferrol Vello, nun auténtico "complexo cultural", de uso público e cun museo dedicado á figura do autor homenaxeado coas Letras Galegas en 2020.

Vista das instalacións de Navantia. (Foto: CIG)
TRABALLO

A CIG lamenta que Navantia sexa utilizada para a "recolocación" de cargos

Ante un novo cambio na Presidencia de Navantia, a CIG lamenta que esta sexa utilizada como "unha empresa de recolocacións de cargos para a ocupación de afíns á ministra ou o ministro que toque".

O Celta loitará polo ascenso (Foto: Celta Baloncesto).
DEPORTES

Duros rivais para Celta e Baxi Ferrol nos grupos polo ascenso de categoría

Barcelona e Leganés, principais rivais das galegas.
juan cardona
SOCIAL

O grupo Ribera Salud gaña forza na Galiza ao facerse coa xestión do Hospital Juan Cardona

En 2019 adquiriu Povisa, en Vigo, e en 2020 Polusa, en Lugo. Agora, o grupo sanitario Ribeira asume a xestión asistencial do Hospital Juan Cardona de Ferrol.

Partida do AOR das instalacións de Navantia na ría de Ferrol (Imaxe: Navantia).
TRABALLO

Navantia inicia as probas de mar do último buque para a Armada australiana

Está previsto que o buque abandone Ferrol o vindeiro 18 de abril, deixando os estaleiros de Navantia practicamente sen actividade
Estaleiros de Navantia na ría de Ferrol
POLÍTICA

O BNG reclama no Congreso un plan industrial para a comarca de Ferrol

Propón crear unha mesa que  promocione e diversifique a actividade dos estaleiros da ría de Ferrol, para o que esixe tamén unha maior implicación por parte das Administracións.
Porto Cervo
ECONOMÍA

Lugo exixe unha autoridade portuaria para San Cibrao

A Confederación Empresarial Lucense (CEL) propón abrir o porto de Cervo a outras actividades e xestionalo a través dunha Autoridade Portuaria propia, á marxe da de Ferrol.
Cabeceira de 'Galicia'. (Foto: Nós Diario)
star
CULTURA

Os primeiros xornais en galego: 'Galicia'

Foi unha expresión xornalística do movemento rexionalista. Situado na mesma liña doutras publicacións como O Tío Marcos d'A Portela ou O Galiciano, fundouse en Ferrol en 1885 e só se conserva do mesmo un número escrito na súa totalidade en galego. Sendo escasa a información que chegou até hoxe do periódico, os seus contidos dan conta dunha orientación ideolóxica na dirección da corrente social protonacionalista da que fixo parte, destacando pola súa defensa da Galiza e o seu compromiso coa lingua e a cultura. Malia tratarse dun xornal de carácter efémero e de menos medios, a súa propia existencia informa do compromiso por un país diferente dun sector da opinión ferrolá.

Outro 10 de marzo en Ferrol

A manifestación en Ferrol foi o acto central da folga xeral en Ferrolterra (Nós Diario)
star
TRABALLO

10 de marzo: Ferrolterra sae á rúa polo seu futuro

Este 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, estivo marcado pola folga xeral convocada pola CIG, CCOO e UXT nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Á situación en Navantia, coa falta de carga de traballo, uniuse a desfeita de feches e expedientes de regulación de emprego (ERE) en grandes empresas como Poligal, Galicia Téxtil, Gamesa ou o incerto futuro da térmica das Pontes. Por primeira vez todos os sectores da sociedade civil coincidiron en reclamar accións urxentes aos Gobernos español e galego. O futuro destas comarcas está en xogo.

Nostalxia de futuro

Imaxe de arquivo do Arsenal Militar de Ferrol. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

16 ex presos políticos ferroláns levarán á Fiscalía a pervivencia de simboloxía franquista en instalación de Defensa na Galiza

Ante o que consideran que é un incumprimento da Lei de Memoria Histórica por parte do Ministerio.

IMAXE 3 NIVEIS
SOCIAL

Sanidade abre a área de Ferrol e mantén fechadas a da Coruña e Pontevedra

A partir do 5 de marzo ficará aberta a área sanitaria de Ferrol, segundo avanzou Sanidade após a reunión do Comité clínico. Seguen fechadas as áreas sanitarias da Coruña e Pontevedra. Soutomaior é o único concello que permanece en nivel máximo.

FB_IMG_1613563581406
Graduada en Humanidades e máster en Ciencias Sociais

Marta Salutregui: "Para as neofalantes sería máis sinxelo ter o apoio das que teñen o galego como lingua materna"

Marta Salutregui, terceira xeración da súa familia que vive no barrio obreiro de Caranza, en Ferrol, é a promotora das Reunións de Neofalantes (novas falantes de galego). Unha iniciativa que difunde a través das redes sociais, “pública, aberta e democrática”, que ten como lugar de xuntanza a web de código aberto Jitsi, cada segunda feira ás 21.30 horas. Marta, graduada en Humanidades e máster en Ciencias Sociais, imparte clases particulares desde que cursaba o ensino medio e botou a andar os encontros coa única intención de “ser neofalante”.
hostaleiros ferrol
ECONOMÍA

Hostaleiros e autónomos de Ferrolterra reclaman na rúa un plan de rescate para o sector

Volveron mobilizarse na cidade de Ferrol convocados por HAF.

Concentración de traballadoras e traballadores de Navantia en Ferrol o pasado 19 de novembro (Nós Diario)
ECONOMÍA

Navantia decide non facer investimentos en Ferrol "se non hai novos encargos no futuro"

Belén Gualda, presidenta da empresa pública, decide continuar coa liña da súa predecesora no cargo.