Lugo

Dique2
SOCIAL

Confederación Hidrográfica Miño-Sil reclama ao Concello de Lugo máis de 180 mil euros

Responsabiliza o goberno local da construción ilegal dun dique no parque das Saamasas construído pola empresa INCA.

ciclismo
DEPORTES

O Desafío Volta a Lugo congrega centos de ciclistas nun marco incomparábel

Desde a sexta feira e até o domingo ten lugar o Desafío Volta A Lugo, unha proba cicloturista por etapas que percorre as comarcas de Lugo, acumulando 400 km de distancia e 7.000 metros de desnivel.

UNHA MOZA APARECEU ASASINADA NA MAñá DO SáBADO

Investigan un posíbel asasinato machista en Lugo

[ACTUALIZADA O 10.04.2016 ÁS 15h] Unha moza de 24 anos, Tatiana V.A., apareceu morta nun coche en Lugo na mañá do sábado. Investígase agora se a morte violenta representa un novo caso de asasinato machista.

Mapa CIM
SOCIAL

A montaña luguesa, deserta de Centros de Información para Mulleres

As comarcas da Fonsagrada, Ancares e Meira non contan con ningún destes organismos.

Lara Méndez_Concello de Lugo
SOCIAL

Alcaldesa de Lugo sobre a Casa da Muller: "Non se pode actuar se non hai denuncia"

Lara Méndez defende a actuación da institución no caso de Ana Gómez, asasinada en Becerreá.

SOCIAL

Orde de afastamento de 100 metros para o agresor machista de Baralla

A Fiscalía non pediu para el prisión e a xustiza púxoo en liberdade.

Violencia Machista
SOCIAL

"Tentei deixalo incontábeis veces e sempre volvía localizarme"

Beatriz López relata a situación de violencia machista que a levou a fuxir de Baralla. O home permanece detido.

Concentración contra a violencia machita en Ourense_Gz Contrainfo
SOCIAL

A xuíza chama declarar a traballadora social da Casa da Muller de Lugo

Declarará como testemuño no caso do asasinato machista de Becerreá.

SOCIAL

Lugo convértese no concello galego número 18 en se declarar 'libre de touradas'

O pleno municipal aprobou a moción de 'Galicia, Mellor Sen Touradas' e Asociación Libera, que aplauden a aprobación da moción. A proposta contou con case 15.000 sinaturas de apoio en Change.org

Rubén Arroxo_BNG Lugo
RUBéN ARROXO, VOCEIRO MUNICIPAL DO BNG

"Existen alternativas ás grandes eléctricas"

Conversamos con Rubén Arroxo sobre a iniciativa aprobada no pleno para que o concello contrate servizos eléctricos através de sistemas cooperativos. 

tractorada lugo
TRABALLO

Os tractores marchan de Lugo

Así o acordou Agromuralla que explicará as razóns na sexta feira (15 de xaneiro). 

Tractorada Lugo
TRABALLO

As explotacións leiteiras de Lugo promoven un Grupo lácteo galego

Así o acordaron en asemblea máis de 400 persoas convocadas por Agromuralla. Pularán por unha entidade "propiedade dos gandeiros" que recolla e transforme o leite producido en Galiza.

tractores campo galego
ECONOMÍA

Subdelegación do goberno dita medidas para 'restrinxir' a tractorada en Lugo

A patronal pedira a súa intervención argumentando que era un risco para a seguridade e que afectaba a negocios da zona. Os tractores que rodean a muralla terán que facer unha 'ringleira'

Muralla tractor
ECONOMÍA

A patronal de Lugo ameaza os gandeiros con medidas se non finalizan a tractorada

Afirma que este protesto afecta á orde pública e seguridade cidadán.

CV2ZdnpWUAEPfLk
CRISE DO LEITE

Os gandeiros continúan os protestos na Coruña e en Lugo

A Coruña e Lugo seguen a ser as cidades que acubillan na xornada do domingo os protestos dos gandeiros, que piden solucións diante da caída do prezo do leite en orixe. Aseguran que continuarán mobilizándose até que se lle dea resposta ás súas demandas.

tractores campo galego
TRABALLO

Os tractores volven a Lugo e as explotacións advirten de boicots no Nadal

A Plataforma en defensa do sector lácteo podería endurecer a súa resposta perante os incumprimentos por parte da industria e da distribución.

fernanvello
ESCRITOR, EDITOR E COLABORADOR DE SERMOS GALIZA

Miguel Anxo Fernán Vello encabezará a lista de En Marea ao Congreso por Lugo

En Marea vén de dar a coñecer a listaxe provisional coa que concorrerá ao Congreso e ao Senado, á espera de convocar unhas “eleccións primarias de validación”.

cartel2015-jazzlugo
Ao vivo

O Festival de Jazz de Lugo cumpre 25 anos e trae máis de 30 citas culturais

O vindeiro sábado 7 comeza a 25ª edición do Festival de Jazz de Lugo que se desenvolve até o 30 de novembro en catro espazos da cidade da muralla. 

ELECCIóNS XERAIS

Olalla Rodil e Noa Presas apreséntanse ás primarias de IpU por Lugo e Ourense

Após coñecer que Carlos Callón e Carme Adán apresentaron os seus avais para concorrer ás primarias de Iniciativa pola Unión como cabezas de lista da Coruña e Pontevedra, respectivamente, vimos de coñecer que Olalla Rodil e Noa Presas concorren ás primarias para seren cabezas de lista por Lugo e Ourense.

POLÍTICA

Darío Campos, novo presidente da Deputación de Lugo após o acordo PSdeG-BNG

O pleno fixo prosperar a moción de censura presentada por BNG e PSdeG que conformarán novo goberno provincial.