Montse Fajardo
05/abr./24 19:57
Eva Veiga (Ombre, Pontedeume, 1961) acaba de ser recoñecida pola Academia Galega de Audiovisual co premio de Honra Fernando Rey polo traballo realizado nos albores da TVG. O seu foi un dos cinco primeiros rostros cos que se familiarizou a audiencia da canle pública e aínda que unha leucemia e os problemas de visión que lle provocou o tratamento a afastaron das cámaras, seguiu sempre vinculada á comunicación a través da poesía, a música ou o cine. Proba da súa mestría coa palabra foi o discurso, tan vindicativo como emotivo, que ofreceu na gala. Inesquecíbel.