Mozambique

Angelina Chavango (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Angelina Chavango, actriz: "O conto non é só unha técnica para chegar a unha obra teatral, é a nosa forma de ser"

Angelina Chavango (Maputo, Mozambique, 1985) é unha das profesoras que participa no programa de mobilidade Erasmus+ dentro do programa KA171, realizando así unha estancia na Escola Superior de Arte Dramática da Galiza (ESAD). Chavango, profesora na Universidade Eduardo Mondlane (Maputo), elaborou o plan de traballo "Introdución ao estudo do teatro africano e mozambicano e improvisación a través dos contos e xogos tradicionais" co obxectivo de crear un espazo de intercambio artístico, respectando a identidade e diversidade cultural entre o profesorado e o alumnado.