opinión

birdman 1
A CRÍTICA DE CINEMA DAS SEXTAS FEIRAS

Birdman, unha obra mestra que é moito máis que un plano secuencia

Birdman é un filme diferente, pleno de achados técnicos e tamén dramáticos. Traxicomedia, parte como grande favorita nos Óscars 2015, canda Boyhood. Pasen e vexan.

LINGUA

“Polas fillas dos nosos fillos”, lema da manifestación pola lingua do 8 de febreiro

“Polas fillas dos nosos fillos” é o lema co que Queremos Galego convoca a manifestación polo futuro da nosa lingua o vindeiro 8 de febreiro. O manifesto está a sumar apoios a través da rede. 

INTERNACIONAL

A UE lémbralle ao Estado español da "ilegalidade" das devolucións 'en quente' de migrantes

O comisario de dereitos humanos advirtellle a Madrid que debe cumprir coa lexislación de dereitos humanos.

SOCIAL

Farmaindustria ameaza con estender o conflito da hepatite C a outras enfermidades

A patronal farmacéutica advirte de que a situación que atinxe @s doentes de hepatite C "non vai ser exclusiva desta enfermidade". 

Pere Tobaruela e Andrés Meixide
CULTURA

Formig4s, unha colección de aventuras para coñecer as cidades do mundo

Misión París e Misión Nova York son os dous primeiros títulos da colección Formmig4s (Xerais) de Pere Tobaruela e Andrés Meixide, as aventuras da brigada especial que nos levará por distintas cidades do mundo. 

Rústica
CULTURA

Davide Salvado, Cristina Pato, Anxo Pintos e Roberto Comesaña xúntanse en “Rústico”

Son catro grandes nomes da nosa música, con carreiras independentes, que agora se xuntan en Rústica, un novo traballo que verá a luz en febreiro da man do selo Fol Música. 

Cuba
INTERNACIONAL

Primeiras reformas no desxeo das relacións entre Cuba e os EUA

A administración Obama presenta a batería de medidas como máis un plan para "acelerar un proceso de transformación" na illa.

Papa Francisco
INTERNACIONAL

Papa Francisco, sobre Charlie Hebdo: "A liberdade de expresión ten límites"

O Papa Francisco terciou no debate arredor do atentado de Charlie Hebdo cunhas declaracións que sorprenderon á opinión pública ao afirmar que “a liberdade de expresión ten límites”. 

 

Euskal Herria

Morre o preso basco Iosu Uribetxeberria

Faleceu na súa casa en Arrasate por mor dun cancro terminal.

Pilar
PILAR FERNÁNDEZ, NOMINADA AOS INDYREF AWARDS

"As cousas en Escocia están mesmo máis interesantes agora"

Pilar Fernández foi nominada aos IndyRef Awards pola publicación Bella Calidonia na sección de mellor acto de solidariedade internacional pola campaña Solidarity with Scotland.

DEPORTES

Anti-violencia quer multar o Dépor polos incidentes que resultaron no asasinato de Jimmy

Propón unha sanción de 70.000 euros para o club coruñés. Tamén se multa o presidente da Federación de Peñas do Dépor con 22.000 euros.

capa portada AF
COORDÉNAO A SEXÓLOGA MARÍA LAMEIRAS

O A Fondo bota luz sobre a intersexualidade

Son o 1,7% da poboación segundo apuntan estudos científicos, mais están por completo ocultos. Son os corpos censurados. Para elxs vai o A Fondo desta semana, xa disponíbel na nosa loxa.

SOCIAL

Tres militantes de Isca! a xuízo por reclamaren ‘traballo digno na nosa Terra’

Hai semanas foron albo dunha sanción de 600 euros e agora reciben citación para seren xulgados polos mesmos feitos polos que foron multados.

A XUNTA DE PERSOAL DO CHUAC LEVA O COLAPSO á FISCALíA

A oposición pide a demisión de Mosquera pola situación "inhumana" das Urxencias

BNG, AGE e PSdeG exixen o cesamento da responsábel de Sanidade e denuncian que o colapso do servizo responde ao "recorte de persoal" e o "fechamento de camas". 

CULTURA

“Cancións da Lingua Viaxeira”, novo espectáculo de Narf

“Cancións da Lingua Viaxeira” é o novo espectáculo que Narf leva a vindeira terza feira á Casa das Crechas en Compostela.

lugo
MEMORIA E HISTORIA

A mostra de Lugo sobre a resistencia antifranquista recrea unha cova da guerrilla

O día 22 de xaneiro abrirase no Pazo de San Marcos unha exposición que revisará os corenta anos de represión e resistencia, cunha especial atención á vida na guerrilla. A recreación dunha cova na que se agocharon guerrilleiros xunto con abundante documentación integrarán esta mostra organizada pola Deputación de Lugo. 

Acordo ERC e CiU
Països Catalans

O adianto das eleccións relanza o proceso independentista en Catalunya

ERC e CiU asinan un acordo que obriga a @s primeir@s a apoioar o Govern de Mas e ao president da Generalitat a convocar eleccións anticipadas sen condicións.

Capa Charlie Hebdo
CULTURA

Angoulême crea o premio Charlie á liberdade de expresión

O día 29 bota a andar a 42 edición do Festival de Angoulême, unha das principais citas mundiais dedicadas á banda deseñada, e este ano vai ter un protagonista: o semanario Charlie Hebdo. A imaxe da revista francesa desbancará o propio cartaz dun festival que creará o premio Charlie á liberdade de expresión. 

cleanet
TRABALLO

Cleanet: Defensa tenta desmobilizar as traballadoras co anuncio da resolución do contrato

Fíxoo horas antes de se producir unha concentración perante o edificio do Ministerio. 

Països Catalans

Catalunya votará o 27 de setembro

Artur Mas anunciou o adianto electoral, que coincide co aniversario da sinatura do decreto de convocatoria do 9 de Novembro.