Parques eólicos

Parque eólico na serra do Candán. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Adega recupera a campaña 'Ti podes paralos!' para recorrer ante a xustiza "a depredación eólica"

A campaña ‘Ti podes paralos!’ rexorde sete meses despois de ter “conquistado un éxito sen precedentes, ao lograr en tan só unha semana o importe necesario para poder afrontar as caucións impostas polo Tribunal Superior de Xustiza da Galiza e así dar efectividade á paralización cautelar dos proxectos eólicos Bustelo e Campelo”.
Central eléctrica en Ribas de Sil, ao pé do río homónimo, na comarca de Quiroga (Foto: M.O.).
star
SOCIAL

A potencia eólica en tramitación na Galiza cuadriplica a actualmente existente

A potencia eólica instalada na Galiza sitúase na actualidade en 3.879 MW, porén neste momento atópanse en tramitación outros 17.550 MW, cuxa entrada en funcionamento implicaría cuadriplicar a capacidade de produción eléctrica do conxunto do país.
Parque eólico Monte Seixo e Serra do Cando explotado por Gamesa. (Foto: M.O.)
ECONOMÍA

O Consello Económico alerta sobre a dependencia enerxética da Galiza e pide "coordinación" ás administracións

O país importa "até 75%" dos recursos enerxéticos, segundo o informe 'O sector enerxético galego: presente e futuro', elaborado polo CES e a UDC.
Protesta de Amil sen Eólicos en Moraña (Foto: Amil sen Eólicos).
POLÍTICA

Irrompen no mitin de Rueda en Moraña para protestar contra a burbulla eólica

Durante un acto de campaña esta sexta feira na localidade de Moraña (comarca de Caldas), o líder do PP e presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, daba un mitin co candidato popular á Alcaldía morañesa, Sito Gómez, cando un grupo de persoas da plataforma Amil sen eólicos, irrompeu no acto para protestar contra a "depredación" eólica no concello.
O porto de Arteixo (Foto: Concello de Arteixo).
SOCIAL

Ferrovial solicita instalar unha fábrica de eólica mariña no porto exterior de Arteixo

O BOE publica o inicio do trámite de competencia de proxectos en relación coa solicitude de construción e explotación dun hub industrial, loxístico e portuario asociado á eólica mariña.
Fileira de eólicos na serra do Candán, na comarca do Deza (Foto: Arxina).
Consello da Xunta

A Xunta cede ao capital privado a maioría accionarial na sociedade mixta para impulsar as renovábeis

Esa maioría privada, a xuízo do Goberno galego, "vai permitir un plus de axilidade na xestión".
A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, onte no Congreso español (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press).
star
POLÍTICA

O PSOE fica só defendendo no Congreso o plan do Goberno español para a eólica mariña

As diferenzas entre o PSOE e o resto das forzas políticas a respecto da eólica mariña ficaron esta cuarta feira claras no Congreso dos Deputados. Neste sentido, as explicacións da ministra Teresa Ribera contribuíron a unir todos os grupos da Cámara Baixa fronte os POEM.
Endesa presentou hoxe as contas.
Agora

Endesa dispara os beneficios malia o novo imposto ás enerxéticas

Endesa obtivo un beneficio neto de 594 millóns de euros no primeiro trimestre do ano, o que representa un incremento do 75,7% con respecto aos 338 millóns de euros do mesmo período do exercicio anterior, segundo vén de informar a compañía. O "bo comportamento" dos seus negocios permitiu "amortecer" o impacto do imposto de 1,2% sobre os ingresos das enerxéticas instaurado polo Goberno español —recorrido pola empresa—, que supuxo o recoñecemento de 208 millóns de euros para Endesa nas súas contas, o que eleva a súa taxa fiscal efectiva no trimestre a 31%.
En moitos casos, a proliferación de parques eólicos na Galiza, como este da Serra do Xistral, interfire coas actividades agrarias (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Agora

O SLG demanda "transparencia e información" sobre os 75 parques eólicos aprobados

A recente autorización "en masa" de 75 novos proxectos eólicos, o pasado 26 de abril, por parte do Goberno galego provoca "incerteza" entre o sector agrogandeiro. Esta terza feira o Sindicato Labrego Galego exixe "transparencia e información" a respecto das citadas instalacións enerxéticas, aprobadas perante unha "tramitación exprés que verte moitas dúbidas sobre as garantías técnicas". Piden que a Xunta aclare "con que cantidade e tipo de medios humanos e tecnolóxicos foron levados a cabo os estudos" das 77 declaracións de impacto ambiental aprobadas previamente, en xaneiro.
Presentación da convocatoria de mobilización, esta segunda feira en Lugo. (Foto: Un Vento Vén)
SOCIAL

Un Vento Vén convoca unha manifestación contra a “invasión” eólica

A mobilización partirá da Torre da Mosquera ás 12.30 horas do domingo 21 de maio

Parque eólico na serra do Candán, entre as comarcas do Carballiño, Terra de Montes e Deza. (Foto: Arxina)
SOCIAL

A Xunta autoriza a construción do parque eólico Rodicio II, en Maceda e Montederramo

O parque contará con dous aeroxeradores de 5,2 megawatts de potencia cada un, cunha altura de 107,5 metros e 145 metros de diámetro de rotor, cos seus correspondentes centros de transformación e os equipamentos de manobra, protección, telemando e demais elementos auxiliares.
Instalación de eólica mariña de Iberdrola en Escocia. (Foto: Europa Press).
SOCIAL

O Tribunal Supremo admite o recurso da frota pesqueira contra a eólica mariña

Agora, o Miteco ten un prazo de 20 días para remitir o expediente administrativo correspondente á disposición

Parque eólico. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O Concello de Ponte Caldelas e a Comunidade de Montes de Baltar alíanse contra o parque eólico Serra da Fracha

Díaz e Boullosa acordaron traballar en conxunto para “defender a vida no rural”.

No camiño da transición enerxética vai ser precisa moita máis xeración eléctrica con fontes renovábeis. (Foto: Nós Diario)
Análise

A utilidade pública dos parques eólicos

Quico da Silva é membro do Colectivo de Debate Enerxético Bidán.
Encontro Burla Verde pola defensa da terra en Sabucedo. (: Nós Diario).
SOCIAL

A defensa da terra contra a 'Burla Verde' xunta en Sabucedo numeroso público

O encontro do asociacionismo e ecoloxismo galego viviu unha xornada de éxito en prol dunha transición enerxética real.

Estamos fartas de sermos unha colonia?

Muíños de enerxía eólica na serra de Candán, comarca do Deza. (Foto: Arxina)
star
Análise

Cumpre a súa función o canon eólico de Galicia?

María Cadaval é profesora de Economía Aplicada da USC.
Parque eólico emprazado na Serra do Xistral. (Foto: Luis Vilanova)
SOCIAL

43 parques eólicos con 1.063 Mw están situados nas Reservas da Biosfera galegas

O informe do Consello Científico, ao que tivo acceso 'Nós Diario', pide vetar os parques eólicos en zonas protexidas pola Unesco.
María Rivas é unha das organizadoras do Encontro Burla Verde. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

María Rivas: "Hai que pensar nunha transición enerxética que non maltrate a calidade de vida da xente"

María Rivas é unha das organizadoras do Encontro Burla Verde en Sabucedo.

Fráxil territorio