PP

De esquerda a dereita e de arriba abaixo: Alfonso Rueda após o Consello da Xunta; Miguel Corgos, Ana Pontón e Luís Álvarez, durante o debate na Cámara sobre o teito de gasto. (Fotos: Arxina)
star
Consello da Xunta

Orzamentos 2024: a Xunta bota o freo ás partidas sociais

O Goberno galego aprobou esta cuarta feira o proxecto de Orzamentos para 2024, ano electoral. Un visto e prace que o Executivo deu ás contas apenas uns momentos despois de que o Parlamento aprobara o teito de gasto: 13.257 millóns de euros. E esa cifra, 13.257 millóns, é a dos Orzamentos para o vindeiro ano. De novo, a Xunta da Galiza refírese a unhas contas de "récord". Porén, a suba da inflación prevista neste ano fai que importantes partidas —sanidade, emprego ou ensino— fiquen 'conxeladas' a respecto dos orzamentos en vigor.
Barómetro do CIS correspondente ao mes de outubro deste ano. (Foto: Nós Diario)
Eleccións estatais

O CIS español coloca PSOE e PP a 0,4 puntos porcentuais

O BNG medra 0,2% desde os últimos comicios.
Sede da Valedora do Pobo, en Santiago de Compostela. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

A oposición aplaude a Valedoría por testemuñar o "deterioro" dos servizos

O BNG e o PSdeG piden á Xunta que "tome nota".
Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas. (Foto: Xan Carballa)
O Condado

O PP de Ponteareas e ACIP pactan un Goberno de coalición liderado por Nava Castro

"Por fin Juan Carlos Carreira saca a careta e mostra claramente que ideoloxía defende", censura o PSOE, en alusión ao líder de ACIP, Juan Carlos Carreira.
Alberto Núñez Feixoo no Congreso dos Deputados durante a segunda votación de investidura o pasado 29 de setembro. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
star
Análise

Xogar ao xadrez mais con pezas de damas

Idoia Arreaza Aguilera é doutoranda en Ciencias Políticas pola Universitat de València.
Antiga sede de Xóvenes Agricultores en Santiago. (Foto: Europa Press)
Xustiza

Condenado a seis meses de cárcere Pérez Miramontes, ex presidente de Xóvenes Agricultores, o antigo sindicato afín ao PP

Foi condenado por defraudar á Seguridade Social máis de 660.000 euros. Este empresario foi tamén un dos seis detidos no marco dunha operación policial contra a trata de mulleres en Santiago en abril de 2019.
A fábrica de pasta de papel de Ence en Lourizán, na ría de Pontevedra (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

Prado carga contra Sánchez por recorrer a Lei do litoral da Galiza

 

O Partido Popular da Galiza ten unha nova fronte aberta co Goberno do Estado. Nesta ocasión, o recurso diante do Tribunal Constitucional do Executivo de Sánchez contra a Lei do litoral é a coartada.

Manuel Requeixo, alcalde de Muras (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

O BNG de Muras acusa PP e PSOE de faceren "pinza" para "bloquear o funcionamento do Concello"

"Para xustificar o voto en contra das dúas dedicacións parciais, o PP e o PSOE dixeron que estaría dispostos a votar só a do alcalde, e cando tiveron oportunidade de cumprir no mesmo pleno a súa palabra, volveron  votar en contra dela" explican desde o BNG.
Pleno do Parlamento da Galiza (Foto: Parlamento da Galiza).
POLÍTICA

O PP tomba 90% das iniciativas da oposición no Debate da Nación

O Debate do Estado da Nación concluíu onte coa votación das propostas de resolución, 40 por cada grupo parlamentario. Unha sesión na que o Partido Popular botou man da súa maioría na Cámara para rexeitar case 90% das iniciativas impulsadas pola oposición. O Parlamento aprobou 41 proposicións, das cales 13 foron por unanimidade.
mesa parlamento
star
Debate do Estado da Nación

120 propostas para pór o ramo ao Debate do Estado da Nación: dos 20.000 pisos públicos ás 2.000 prazas en residencias

Hoxe remata o Debate do Estado da Nación (DEN) 2023 coa votación das propostas de resolución presentadas polo PP, o BNG e o PSdeG. Cada grupo presentou 40 —o máximo permitido—, que foron obxecto de negociación até última hora desta terza feira. As propostas plasman os diferentes proxectos para a Galiza de cada formación.
Edificio derruído na cidade israelí de Ashkelon. (Foto: Ilia Yefimovich / DPA)
Debate do Estado da Nación

PP e PSOE pedirán no Parlamento condenar o "terrorismo de Hamás contra Israel"

Os grupos popular e socialista rexistran senllas propostas de resolución ante a Mesa do Parlamento para exixir no hemiciclo unha condena unánime das accións terroristas contra o pobo israelí, eludindo mencionar explicitamente os ataques contra civís palestinos.
Alfonso Rueda, Ana Pontón e Luís Álvarez, durante a sesión de control ao presidente desta cuarta feira no Parlamento galego. (Fotos: Arxina)
Debate do Estado da Nación

Así foi o minuto a minuto do Debate do Estado da Nación

Alfonso Rueda enfróntase ao seu primeiro Debate do Estado da Nación como presidente da Xunta da Galiza, nun momento no que todos os focos apuntan xa a unhas eleccións que aínda non foron convocadas mais cuxa data podería estar próxima. Segue aquí o minuto a minuto do debate.
Barcelona mani
INTERNACIONAL

O españolismo fracasa na súa manifestación de Barcelona

A marcha convocada na capital de Catalunya por Sociedad Civil Catalana non cumpre coas expectativas.

Luís Álvarez, portavoz do PSdeG no Parlamento galego, esta segunda feira en rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

PSdeG considera esgotado o proxecto de Rueda

O portavoz do grupo Socialista, Luis Álvarez, anunciou que intervirá no Debate do Estado da Nación desta semana para presentar a alternativa da súa formación ao Goberno do PP

Manuel Baltar no Senado español, nunha foto de arquivo. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O Tribunal Supremo xulgará o exceso de velocidade de Baltar

O presidente do PP de Ourense foi elixido senador por designación autonómica tres meses despois de ser cazado a 215 km/h ao volante

Policía galega

Alberto Núñez Feixoo, en rolda de prensa. (Foto: Gabriel Luengas / Europa Press)
POLÍTICA

Feixoo defende os pactos con Vox co mesmo argumento que lle criticou a Sánchez: "Estabilidade antes que novas eleccións"

O líder do PP asegura que non lle "incomodan" as fotos con Abascal e agradece á extrema dereita o seu apoio na investidura e na formación de gobernos de coalición en territorios como Estremadura ou o País Valencià.

'Pintar a mona'

Alberto Núñez Feixoo saúda no Congreso durante a segunda votación da investidura súa investidura (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).
star
Análise

Feixoo, un candidato carpetovetónico

Fernando de Abel é doutor en Dereito. Profesor titular de Dereito Administrativo da USC.
Javier Maroto, Pedro Rollán e Guillermo Fernández Vara (Foto: Carlos Luján / Europa Press).
POLÍTICA

PP e PSOE ocupan os postos das cinco comisións no Senado

Da Silva estréase na Cámara Alta pedindo un "financiamento xusto".