redes

O Carballo Interplay decorrerá do 24 ao 27 de abril.
CULTURA

O Carballo Interplay festexará doce anos de creación audiovisual galega

O festival de contidos dixitais anuncia as datas para a próxima edición, que convertirá a vila de Carballo no centro das tendencias audiovisual da rede e do panorama audiovisual de vangarda.

Sonia Méndez e Andrea Villa, onte, na inauguración do Carballo Interplay.
star
Audiovisual

Comeza o Carballo Interplay, o punto de encontro da nova creación dixital: todo sobre o evento

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay comezou esta quinta feira na vila bergantiñá co visionado das series a concurso. Hoxe prinicipia a reflexión sobre as novas plataformas e sobre a intencionalidade e o alcance político dos contidos dixitais.

Galego nas redes

cándido paniagua
CULTURA

Cándido Paniagua: "O alumnado é o futuro e hoxe ese futuro está nas redes sociais e nelas ten que estar o galego"

A axitación que está a producirse arredor das Tanxugueiras chegou tamén ao ámbito do ensino. Veñen para quedar é unha unidade didáctica que Cándido Paniagua, profesor de lingua e literatura galega, preparou para o seu alumnado co fin de traballar o idioma a través da música e a cultura galega.
Unha persoa asoma pola xanela da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei (Foto: Carlos Castro/Europa Press).
SOCIAL

Denuncian o "escurantismo" da Xunta sobre os casos de Covid e falecementos nas residencias de maiores

Trega e Vellez Digna exixen tests da Covid diarios nos centros con positivos e lamentan o "escurantismo" do Goberno galego en relación aos datos de contaxios e falecementos nas residencias de maiores, así como a non cobertura das baixas laborais.
A 'tiktoker' Sara Seco 
(@sarasecorial) conta a súa rutina diaria, incluído o  traballo na Mesa. (Foto: Arxina)
star
Reportaxes

Á conquista de Tik Tok

A Xunta chegou a recibir unha negativa da plataforma social do momento para contratar unha publicidade por estar a mesma en galego. Porén, o idioma do país soubo gañar o seu espazo da man de creadoras e creadores de contidos que están deixando atrás os límites para amosar que a lingua é un activo á hora de ter éxito nas redes. 
Mónica Cores, de Libros e outros contos
star
Reportaxes

Instagram eclosiona en galego

Instagram eríxese como unha das redes sociais máis exitosas e con grandes potencialidades para transmitir contidos de diversos ámbitos. Cun crecemento expoñencial nos últimos anos, moitas persoas aproveitan para dar a coñecer as súas paixóns e ofrecer coñecemento. Na Galiza consolídanse proxectos que teñen en común a querenza pola lingua e a necesidade de falar con proximidade e paixón de libros, arte, historia, cinema… Existe un gran talento e hoxe damos a coñecer as contas de @surfeandolibros, @littera_lupa, @libroscontos, @oarquivodastrasnas, @mulleresgalegas, @pingando.gal e @aspaxinasdesara.
A residencia das Gándaras, en Lugo (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Política Social rexeita ofrecer a 'Nós Diario' os positivos actuais de persoas traballadoras

A Xunta non informa dos contaxios do persoal das residencias porque "non é necesario"

Desde que a Covid-19 volveu agromar nas residencias do país a comezos de xullo, a Consellaría de Política Social decidiu non seguir ofrecendo os datos de traballadores e traballadoras contaxiadas malia existiren, como é o caso dun centro en Teo.
Núñez Feixoo entregando a Josefina Fernández un premio no Círculo de Empresarios da Galiza. (Foto: Circulo.gal)
SOCIAL

DomusVi, a xestora de residencias públicas con máis defuncións e cuxas deficiencias coñecía a Xunta desde 2017

DomusVi xestiona unha de cada catro prazas de titularidade pública; porén, nos seus centros rexistráronse a metade das mortes nas residencias da Xunta. A Federación REDE denuncia a "conivencia" entre a Administración e a multinacional, cuxas deficiencias na atención ás usuarias eran coñecidas polo Goberno desde 2017.
Varias persoas ás portas dunha residencia de maiores en Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

A Covid-19 volve atacar as residencias: xa hai dous focos nesta quinta onda

A Federación Rede di que estes contaxios entran dentro da normalidade, pois a vacinación non impide contraer o coronavirus pero si rebaixa os seus síntomas. A problemática é maior, por exemplo, en Catalunya onde "o 20% das persoas traballadoras negáronse á vacina".
Xuntanza de Antón Acevedo e Fernando González cos directores das residencias de maiores e de persoas con discapacidade. (Foto: Xunta da Galiza) #residencias #maiores #discapacidade #xunta #servizossociais #atenciónsocial
SOCIAL

O modelo residencial da Xunta fica en cuestión

Asociacións de usuarios urxen un cambio na xestión dos centros de maiores
De esquerda a dereita, Susana Ortiz, Ángeles Millé e os capitáns dos equipos masculino e feminino do Club Balonmán Porriño (Foto: Abanca).
DEPORTES

Unha iniciativa transforma redes abandonadas en material deportivo

Balonmán ou hóckey benefícianse do proxecto.
Youtubeir@s
LINGUA

Bota a andar a V edición de Youtubeiras, centrada no fomento de canles

Os premios, que este ano teñen como lema ‘Magnetismo en liña’, abrirán o prazo de inscrición o 10 de setembro e manterán a súa dotación neste 2021 ao repartir un total de 7.500 euros entre as persoas gañadoras da ducia de categorías.

Centro residencial de DomusVi en Outeiro de Rei (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Galiza ten a segunda menor ratio de inspectores de residencias do Estado

O xornalista Manuel Rico, que vén de publicar 'Vergoña: o escándalo das residencias', alerta de que a Xunta só ten 7 inspectores.
Residencia de Maiores de Quiroga. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Denuncian atrancos para visitar as usuarias de residencias

A Federación de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia, REDE, denuncia o incumprimento das normativas sobre visitas e saídas nas residencias galegas.
 
O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, nunha reunión do comité que asesora o Goberno galego en relación ao modelo residencial (Foto: Xunta).
Traballadoras, sindicatos e familias ficarían excluídas

Denuncian o "escurantismo" de Política Social coa composición do comité das residencias

A Consellaría de Política Social traballa na elaboración dun novo modelo residencial para a época post Covid que sexa "participativo, consensuado e integrador". Para elo conta co asesoramento dun "comité de persoas expertas" cuxa identidade e capacitación son, a día de hoxe, descoñecidas.
Protesta en Cangas, o pasado mes de xullo, contra a xestión das residencias de DomusVi, que cualificaban como "neglixente" (Foto: Europa Press).
Ambas as compañías asinaron un acordo para xestionar os decesos nas residencias

Denuncian a DomusVi e a funeraria Mémora por infrinxir a Lei de Datos

DomusVi "fixo caixa" coa morte de residentes. Así o denuncia a Federación REDE, que da man do avogado Xoán Antón Pérez-Lema levará a empresa ante a Xustiza por unha presunta vulneración da Lei de Protección de Datos na cesión dos mesmos á funeraria Mémora. Tamén estuda accións legais por infrinxir, supostamente, as leis de Competencia e de Defensa das Consumidoras.
Imaxe de arquivo da DomusVi de Outeiro de Rei. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

“DomusVi non acata as medidas da Xunta”, denuncia a Federación REDE

A empresa, o maior operador de residencias privadas na Galiza, transmíteles ás familias das persoas usuarias que non está disposta a favorecer as tres visitas semanais ás residencias. Denúnciao a Asociación REDE.

Imaxe de Ryuutama.
CULTURA

Elfos, espadas láser e moito máis nas primeiras xornadas dixitais de rol en galego

Terán lugar o sábado e o domingo na canle de discord Vas Dado e inclúen diferentes partidas de xogos como Ryuutama, Fate Acelerado ou Lasers & Treason
Os GozosWEB
SOCIAL

REDE denuncia que S. Rosendo concentra nun xeriátrico “decenas de anciáns infectados chegados de toda Galiza”

Afirma que o fai “sen o consentimento das familias, e coa permisividade da Xunta” e anuncia que porá esta situación en coñecemento da Valedora e da Fiscalía.