Segunda Federación

O lendario porteiro e ídolo local, Diego López, realizará o saque de honra na previa do Sarriana-Lugo. (Foto: Europa Press).
Fútbol

A PREVIA | A Sarriana pon a proba o Lugo, gran favorito na Copa Federación

A primeira competición da tempada 2024/25 encara o inicio da súa rolda de semifinais ás 20 horas desta terza feira no campo da Ribela, en Sarria. Alí, a modesta Sarriana tratará de dar a sorpresa ante o seu todopoderoso veciño do Club Deportivo Lugo, gran candidato a facerse cun título que non levanta desde 1999.