Sergas

Exterior do Chus en Compostela (Arxina).
SOCIAL

O Sergas propón ampliar as consultas á tarde nos hospitais para evitar concentracións coa COVID-19

Apostan por ampliar a actividade nos hospitais ao horario de tarde para que as consultas coas médicas especialistas que adoitan a producirse só polas mañás, como "prevención" pola pandemia da COVID-19 e co obxectivo de evitar as aglomeracións, pasen a ser tamén polas tardes. 
Centro Hospitalario Universitario da Coruña (Cedida)
SOCIAL

Contratacións do Sergas deixan a persoal con experiencia sen traballar

Traballadoras do CHUAC da Coruña rexeitan as explicacións de Feixoo e explican que non renovaron os seus contratos aínda que estamos en emerxencia sanitaria.

Interior dun hospital (Sergas)
SOCIAL

Baixan os casos activos pola COVID-19 na Galiza até 2.703

O Sergas informa que este domingo 10 de maio hai 55 casos menos que este sábado e que se produciron 122 altas.

Probas de detección de coronavirus nos coches (Imaxe: Europa Press)
SOCIAL

As probas rápidas da COVID-19 de Feixoo “puxeron en risco a saúde de pacientes”

A Asociación Galega para a Defensa da sanidade Pública asegura foi un “gasto innecesario” e “sobrecargou a actividade do persoal sanitario e a actividade dos centros”.

Test rápido coronavirus (Europa Press).
SOCIAL

Sen cambios no reinicio da Atención Primaria

Profesionais da saúde familiar e comunitaria piden estratexias concretas, máis precisas para afrontar a reactivación da Atención Primaria, que exixe protocolos e tempos específicos para as pacientes de COVID-19, máis tamén para as doentes con patoloxías comúns.
máscara prosagap
SOCIAL

Sergas volve ter problemas coas máscaras: subministra 1.600 en Pontevedra e O Salnés que protexen menos do indicado

É a denuncia de Prosagap, que afirma que vai levar esta cuestión á Fiscalía.

Interior do hospital (Sergas).
Social

O Chuvi empregará plasma de pacientes curadas da COVID-19 como tratamento desde esta semana

O proceso que inicia o hospital de Vigo enmárcase nunha investigación que busca obter evidencias científicas sobre a efectividade deste tratamento contra o coronavirus.
enfermeiras en loita
Social

Enfermeiras en Loita pide "transparencia" e "estabilización de prazas" nas contratacións do Sergas

O colectivo de profesionais da enfermaría denuncia que no Sergas non hai "unanimidade" nos criterios das contratacións nas diferentes áreas sanitarias e que as avisan de onde teñen que ir traballar "case no momento". 
Lotes de EPIs distribuídos polo Goberno galego (Xunta).
Social

A Xunta adquiriu 12.000 máscaras defectuosas, que tivo que inmobilizar

As máscaras inmobilizadas correspóndense con dous modelos dos que o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo alertou de que non cumprían as especificacións de filtrado requiridas para ser utilizadas nesta pandemia.
Corredor de hospital (Sergas).
Social

O número de sanitarias contaxiadas na Galiza elévase a 1.233

O Sergas trasladou na Comisión central de seguridade e saúde que, en relación ao uso de máscaras defectuosas, "séguense facendo probas" e faltan test, polo menos, nas áreas de "Vigo, A Coruña e Lugo".
xel coronavirus europa press
SOCIAL

Persoal de Atención Primaria denuncia falta de medios e información no inicio dos tests masivos do Sergas

Persoal médico e de enfermaría lamenta que non fosen sometidos ao test antes de realizar este traballo epidemiolóxico cos pacientes.

2020042310591933308
SOCIAL

Comeza o estudio epidemiolóxico para coñecer a incidencia do coronavirus na Galiza

A Xunta inicia hoxe o estudo epidemiolóxico co que pretende definir a "auténtica dimensión" da epidemia da COVID-19. Mediante test a persoas elixidas de forma aleatoria, recollerá, nesta primeira fase, 50.925 mostras entre as diferentes comarcas e concellos. A segunda da súas fases terá lugar dentro de catro semanas, despois de obter os primeiros resultados. 
Máscara defectuosa nun centro sanitario de Vigo.
Social

76 profesionais sanitarias dan positivo en COVID-19 na Galiza polo uso das máscaras defectuosas

O Sergas informa de que realizou máis de 3.000 probas de detección do coronavirus entre as profesionais que puideron ter empregado estas máscaras distribuídas polo Ministerio e posteriormente retiradas por ser defectuosas. 
Máscara defectuosa nun centro sanitario de Vigo.
Social

Sanidade ordena retirar as máscaras defectuosas distribuídas polo Ministerio e repartidas por toda Galiza

A Consellaría de Sanidade ordena "inmobilizar e retirar" estas máscaras após comprobarse polo Goberno estatal, o que as distribuíu, que non teñen a capacidade de filtrado necesaria para protexer do coronavirus. 
Gonzalo Caballero na rolda de prensa desta sexta feira (PSdeG).
Política

O PSdeG urxe á Xunta a que lle faga "contratos estábeis" ás profesionais sanitarias

Gonzalo Caballero defende a necesidade de implementar "unha nova política de persoal" no Servizo Galego de Saúde (Sergas).
máscara coronavirus
SOCIAL

Alertan de posíbeis contaxios en persoal do Sergas polo uso de "máscaras defectuosas"

CIG-Saúde e CCOO piden ao Sergas que retire eses elementos e faga tests a todo o persoal que as usou
Unidade de reanimación do CHUS (Sergas).
Social

Denuncian que o Sergas rescinde contratos das profesionais sanitarias en plantas de COVID-19

Desde a CIG Saúde reclamaron á xerencia da área sanitaria de Compostela que se lles fagan contratos "estábeis" mentres dure a crise sanitaria polo coronavirus a todas as profesionais contratadas nestes días. Após a denuncia pública das afectadas, o Sergas recúa. 
Hospital Montecelo de Pontevedra (Europa Press).
Social

O Xulgado rexeita a denuncia do marido dunha sanitaria que pretendía reforzar medidas para protexerse da COVID-19

Un xulgado de Pontevedra desestima impoñer ao hospital Montecelo as medidas exixidas polo marido dunha sanitaria para protexerse a si mesmo e ao seu fillo fronte á COVID-19.
residencia tempo libre Patos (FB residencia)
Social

Segundo positivo na residencia da Xunta habilitada en Nigrán para maiores sen COVID-19

A residencia de tempo libre da Xunta en Nigrán rexistra un segundo caso positivo dunha residente que tamén viña da residencia O Barreiro da empresa DomusVi. 
[Imaxe: Galipedia] Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
SOCIAL

"Paréceme inconcibíbel que á miña familia non se lle faga a proba do coronavirus"

Pablo Suárez Iglesias leva case tres décadas traballando no servizo de limpeza na área sanitaria de Vigo, privatizado pola Xunta da Galiza. Hoxe permanece na súa casa após dar positivo nas probas da COVID-19. Desde o fogar, reivindica a importancia da súa profesión: "Desde o primeiro até o último, todos somos necesarios".