Uxía

A cantante Uxía Senlle. (Foto: Xan Carballa)
star
Entrevistas

Uxía: a música da irmandade

En menos dun ano Uxía Senlle (Sanguiñeda, Mos, 1962) vai cumprir os seus 40 anos de carreira musical. Querida nos palcos galegos e de medio mundo, a súa voz e a súa presenza foi pioneira cando eran moi poucas as mulleres no panorama musical galego, algo do que non presume pero que debe constatarse porque foi un exemplo que felizmente se multiplicou até hoxe. Promotora de espectáculos e de grupos, con iniciativas tan singulares como Malvela, os festivais Cantos na Maré ou a marabilla de María Fumaça, Uxía, repasa a súa traxectoria mentres paira na memoria dos que xa ouviron o Alalá das Mariñas cos que sempre finaliza os seus concertos.
capa sermos
CULTURA

Uxía, os 10 anos do salto ao cinema de ‘A Esmorga’ e a faceta poética de Luísa Villalta protagonizan o ‘Sermos Galiza’

Novo número do semanario, á venda este sábado 18 de maio por 3,20 euros xunto ao xornal 'Nós Diario'

Feche da festa de 'Ponte... nas ondas' en Lisboa (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Ponte… nas ondas! presentou o seu modelo en Lisboa

A capital portuguesa vibrou ao son das ondas do patrimonio. O Centro Galego acolleu este sábado a segunda xornada da iniciativa logo da festa do patrimonio na véspera.

Uxía na charla da UNED.
CULTURA

O ciclo Fiadeiras da UNED lembra os 40 anos de traxectoria de Uxía

Uxía e unha das principais embaixadoras da música tradicional galega no mundo.
Uxía - Amores que matan
CULTURA

Así soa 'Amores que matan', o novo tema de Uxía

“Amores que matan” é unha peza que Uxía compuxo como desagravio a tantas mulleres que son víctimas da violencia machista, "ás que xa non están e ás que saen adiante co apoio de todas nós, coa vontade férrea de denunciar, ser libres e non morrer en vida". Unha composición musical que conta co arranxo da viola caipira de Sérgio Tannus, acompañada dun fermoso e descritivo vídeo da man de Conchi Carro.
 
Presentación de 'Acordamos'. (Foto: Deputación de Pontevedra)
CULTURA

O filme 'Acordamos' lembra as loitas de principios do século XX

Pontevedra foi o escenario, esta terza feira 20 de xuño, da estrea do documental.
Artistas da lusofonia celebran o reconhecimento de Ponte…nas Ondas! pola Unesco
CULTURA

Artistas da lusofonia celebran o reconhecimento de Ponte…nas Ondas! pola Unesco

Artistas da lusofonia celebram o reconhecimento de Ponte…nas Ondas! pela Unesco. A artista Uxía, autora juntamente com o músico brasileiro Sérgio Tannus, afirma que “Este tema é um hino no que representa. Tem pontes através da música e da educação”. Uxía, impulsora da iniciativa e uma das artistas implicadas no projeto, juntamente com o brasileiro Chico César, a portuguesa Celina da Piedade ou o moçambicano Cheny Wa Gune, manifestam que “É um tema onde se misturam vários ritmos e que fica na cabeça. Esperemos que todos os meninos o cantem e formem um grande coro!”.