Xunta da Galiza

O vicepresidente primeiro da Xunta da Galiza, Diego Calvo, e o presidente, Alfonso Rueda, no Consello do Goberno galego esta quinta feira (Foto: Arxina).
POLÍTICA

Alfonso Rueda subscribe o discurso de Núñez Feixoo e abandona a lingua galega

Feixoo quere vetar o galego no Congreso e alude á falacia da "imposición".
Imaxe de arquivo do lugar do incidente.
Agora

Un incendio obriga a desaloxar oficinas da Xunta e Abanca na Coruña

As oficinas da Consellaría de Sanidade e de Abanca, situadas na rúa Durán Loriga, na Coruña, foron desaloxadas por mor dun lume nuns cartóns. Sucedeu pouco antes das 9 horas da mañá e saldouse sen feridos, segundo confirmou a Europa Press o servizo de emerxencias do 112-Galiza. O operativo de extinción activouse ás 8.50h após a chamada dun particular que alertaba do incendio. Ao lugar acudiron axentes da Policía Local e efectivos de bombeiros da cidade herculina, que confirmaron que o incendio se produciu no patio de luces do inmóbel, onde arderon uns cartóns "posibelmente por mor dunha cabicha de cigarro arroxada desde unha xanela".
A conselleira Fabiola García nunha visita a unha residencia (Foto: Xunta da Galiza).
TRABALLO

O persoal das residencias estala contra Política Social após a agresión a unha traballadora: "Estamos cansos de mentiras"

O comité de empresa carga contra a Consellaría por "responder na prensa con mentiras e medias verdades" ás súas denuncias de falta de medios e de persoal, ao fío da presunta agresión sexual que sufriu unha traballadora do Crapd II de Vigo por parte dun usuario en situación de "emerxencia social".
Manda de lobos (Foto: Nós Diario).
star
Medio Ambiente

A Xunta renova a "guerra contra o lobo" en base a un anuncio da UE que non afecta á Galiza

O Goberno galego saíu presto a aplaudir o anuncio de Bruxelas a prol de rebaixar as medidas de protección para o lobo, unha demanda que a Xunta da Galiza leva abandeirando nestes anos. Mais o anuncio da UE de revisar a política para esta especie, apuntan ambientalistas e expertos, non afectaría territorios como a Galiza.
Parlamento galego (Foto: Nós Diario).
Parlamento

O Parlamento insta a Xunta a solicitar ao Estado a transferencia de fondos europeos para a súa xestión directa

No mesmo pleno, cos votos en contra do PP, rexeitouse unha iniciativa do BNG para demandar á Xunta que se adopten as medidas para garantir a continuidade e estabilidade do sector naval na ría de Vigo e outra do PSOE para a elaboración dun plan de retención de talento.
O director xeral de Turismo, Xosé Manuel Merelles, e o deputado Daniel Pérez, esta cuarta feira, na Cámara. (Fotos: Parlamento)
POLÍTICA

A Xunta evita apoiar a taxa turística para Compostela

A iniciativa para a implantación dunha taxa turística en Compostela chegou esta cuarta feira ao Parlamento da Galiza. Mentres o promotor da mesma, o deputado nacionalista Daniel Pérez, defendeu as vantaxes da taxa, o director xeral de Turismo da Xunta da Galiza, Xosé Manuel Merelles, apostou polo silencio no debate dentro dunha ambigüidade calculada.

Rinse das rías

Os tempos de agarda reais para una cirurxía chegan a 365 días (Foto: Europa Press).
POLÍTICA

O modelo de financiamento pon en perigo as prestacións sanitarias

A Xunta da Galiza dedicou 8.336 millóns de euros dos orzamentos de 2021 a sufragar os custos da sanidade, educación e benestar. Porén, o Goberno do Estado só transferiu á Galiza 6.268 millóns para financiar a prestación destes servizos. Así, un ano máis, o modelo de financiamento vixente pon en risco a prestación dos servizos básicos.

Acto 'Badaladas pola prevención do suicidio' decorrido o ano pasado en Compostela e que se volverá realizar este 10 de setembro (Foto: Arxina).
SOCIAL

O Movemento da Saúde Mental insta a Xunta a destinar recursos á prevención do suicidio

O plan galego carece dun orzamento propio con carácter anual.
A Galiza é o quinto territorio que menos inviste por persoa en ensino (Foto: Nós Diario).
star
Ensino

A Galiza suspende en investimento educativo e sitúase á cola do Estado en gasto per cápita

Principia o novo curso escolar na Galiza e o modelo de ensino do Goberno galego volve estar no albo. Á supresión de prazas e unidades educativas, denunciada por sindicatos e Anpas, súmanse os datos oficiais que sitúan a Galiza na cola do Estado español en investimento per cápita en materia de educación.
Un exemplar de polbo. (Foto: Nós Diario)
Agora

O Parlamento pide á Xunta estudos sobre as causas da escasez de polbo na costa galega

O Parlamento insta o Goberno galego a levar a cabo os estudos necesarios para determinar as causas da escaseza de polbo nas augas galegas. Tamén pide que, de acordo co sector, o Executivo galega proceda á revisión das condicións para estabelecer no plan experimental (número de nasas, cotas máximas de captura, período de veda e control, medidas de loita contra o furtivismo, etcétera). Por último, reclama dispor e incrementar as medidas de cobertura económica que permitan estabelecer paralizacións temporais, extensión da veda ou atender ao sector ante calquera outra decisión de recuperación da especie.

Centros educativos e persoal docente gozarán de maior liberdade á hora de definir a metodoloxía nas aulas (Foto: Nós Diario).
Ensino

Educadoras sociais e CIG súmanse ás críticas á Xunta polo coordinador de benestar

A Consellaría de Educación delega no profesorado xa contratado as funcións asignadas a esta nova figura coa que deberán contar todos os centros de ensino.
As salas de cinema son obxecto dunha liña de subvencións. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Os festivais de cinema denuncian o "déficit histórico" nas axudas da Xunta ao sector

A coordinadora Proxecta reclama un incremento dunhas subvencións que "levan anos estancadas".
Dúas persoas collendo a papeleta durante as eleccións municipais do 28-M. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
POLÍTICA

O PP insiste en que non contempla o adianto electoral e a oposición desconfía

O novo voceiro parlamentar ofrece "man tendida" a BNG e PSdeG.
Presentación das alegacións, esta mañá, diante da sede da Xunta en Vigo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Máis de 4.000 alegacións contra o macroproxecto do Celta en Mos: "É un pelotazo urbanístico"

A Comunidade de Montes de Tameiga, acompañada de representantes de Ecoloxistas en Acción, a plataforma A Auga é Vida ou as agrupacións locais de PSOE e BNG, rexistra na sede da Xunta da Galiza en Vigo milleiros de alegacións contra a Factoría do Deporte-Galicia Sports360, declarada "proxecto de interese autonómico" polo Goberno de Alfonso Rueda.

O Plan Urkullu e Galicia

Rapazada ás aforas dunha escola. (Foto: Arxina)
Educación

Rueda oponse á gratuidade dos libros de texto porque "hai familias que se poden permitir un maior esforzo"

O presidente da Xunta defende o sistema de axudas á compra no canto da gratuidade total, unha medida do Goberno de PSOE e BNG suprimida polo PP, porque "é moito máis equitativo e garante non deixar desatendido a quen máis o necesita".
Estado en que se encontra o lugar das verteduras de San Finx (Foto: Plataforma contra a mina de San Finx).
SOCIAL

Augas da Galiza abre un expediente á empresa da mina de San Finx por incumprimento nas verteduras

As analíticas desvelan niveis de cadmio 78 veces máis altos do permitido
O Museo Carlos Maside (Nós Diario).
CULTURA

A Xunta afirma que non hai "informes" para ampliar a declaración BIC do Museo Carlos Maside

O BNG solicita que a declaración BIC do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside inclúa tamén Cerámica do Castro.

Monte comunal na contorna  do Castro de Bexo, no concello de Dodro. (Foto: Verdegaia).
SOCIAL

Comunidades de montes acusan o PP de querer "legalizar a usurpación franquista do monte veciñal"

Censuran os "continuos ataques" do presidente da Xunta e do conselleiro de Medio Rural, quen "ameazaron con cambiar a lexislación actual se a xustiza segue fallando a prol das comunidades de montes".