Betanzos e Bergondo reducen regas, fechan fontes e prohiben encher de piscinas para combater a seca
Betanzos mantén as festas infantís coa auga como protagonista
Betanzos mantén as festas infantís coa auga como protagonista
Na vertente Atlántica as precipitacións foron moi escasas durante as últimas semanas
Os encoros galegos contan nestes momentos con 2.491 hectómetros cúbicos de auga embalsada, o que supón 27 menos que hai unha semana, segundo os datos ofrecidos esta terza feira polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. As reservas baixaron case un punto porcentual nos últimos sete días, ficando así a 67,01% do total da súa capacidade. En concreto, os encoros da conca Miño-Sil están a 67,1% da súa capacidade, con 2.033 hectómetros cúbicos de auga —19 menos que a pasada semana—, mentres os de Galiza Costa fican a 67%, o que supón 458 hectómetros cúbicos de auga embalsada, oito menos que a pasada terza feira. No conxunto do Estado español, a reserva de auga embalsada caeu esta semana até 42,2% da súa capacidade total tras perder en sete días 692 hectómetros cúbicos (-1,2%).