Escocia

O primeiro ministro escocés, Humza Yousaf (SNP). (Foto: Andrew Milligan / PA Wire / DPA vía Europa Press)
Agora

O SNP racha a coalición de Goberno cos Verdes en Escocia e enfrontará unha moción de censura dos conservadores

“Creo que ao pobo escocés lle convén buscar un acordo diferente”, sostivo a quinta feira o primeiro ministro e líder do Partido Nacional Escocés (SNP), Humza Yousaf, ao facer pública a ruptura cos Verdes, formación coa que os soberanistas gobernan desde 2021, após unha semana de choques pola súa decisión de abandonar o compromiso de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro até 75% a finais da década.

Mentres os Verdes criticaban a súa “covardía política” e que venda “as xeracións futuras”, o Partido Conservador presentou unha moción de censura contra o novo Executivo en minoría do SNP e o Partido Laborista insistiu en que se deben convocar eleccións anticipadas como saída a crise do Goberno escocés.

O salto de Ana Peleteiro en Glasgow, Escocia (Foto: RFEA).
DEPORTES

Ana Peleteiro, bronce mundialista en triplo salto

A galega repite boa experiencia no Campionato do Mundo de atletismo en pista cuberta en Glasgow (Escocia).

A ribeirense, a repetir o éxito de hai dúas semanas en Ourense. (Foto: Ana Peleteiro).
DEPORTES

Peleteiro regresa a Glasgow co gallo do Mundial 'indoor'

Alí gañou a medalla de ouro no Europeo de 2019
EuropaPress_5611354_arrastrero_lodairo_pesquera_ancora_puerto_base_vigo
SOCIAL

Evacuados en helicóptero dous tripulantes após sufrir un accidente a bordo dun pesqueiro vigués a 100 millas de Escocia

O 'Lodairo', cuxa última escala foi en Holanda, atopábase capturando lirio, con 34 tripulantes a bordo.

Nicola Sturgeon anunciou esta cuarta feira a súa renuncia. (Foto: Jane Barlow / PA Wire)
INTERNACIONAL

Arrestan a ex ministra principal de Escocia, Nicola Sturgeon

A policía investiga o financiamento do Partido Nacional Escocés.

A Pedra escocesa do Destino, símbolo nacional escocés (Foto: Gunther Tschuch).
MEMORIA E HISTORIA

A pedra do destino e a súa vinculación coa Galiza

De acordo coas lendas célticas escocesas a Pedra do Destino é a pedra bíblica que no Libro do 'Xénese' do Vello Testamento, Jacob, un dos tres patriarcas do Xudaísmo e o Cristianismo xunto co seu pai Isaac e o seu avó Abraham, usou de almofada a pedra cando estaba a durmir e viu a coñecida visión da escaleira pola que subían e baixaban anxos ao ceo e que ficou coñecida como a escaleira de Jacob.
A Pedra escocesa do Destino, símbolo nacional escocés (Foto: Gunther Tschuch).
INTERNACIONAL

Que é a Pedra escocesa do Destino e por que é a polémica protagonista da coroación de Carlos III?

O símbolo da independencia escocesa, secuestrado en Westminster durante 700 anos, volve formar parte do trono no medio das protestas independentistas.

Humza Yousaf durante a campaña interna do SNP, en marzo. (Foto: Andrew Milligan / Pa Wire / Dpa)
INTERNACIONAL

Yousaf é nomeado como novo líder do SNP e substituirá Sturgeon

Será elixido como primeiro ministro de Escocia.

Sorpresa desde Escocia

Nicola Sturgeon anunciou esta cuarta feira a súa renuncia. (Foto: Jane Barlow / PA Wire)
Escocia

Dimite Nicola Sturgeon: "Marcho desde o sentido do deber"

"Lograr a independencia é a causa á que dediquei a miña vida [...] Creo sen dúbida que o meu sucesor levará Escocia á independencia", asegura.
María Armental é a tradutora de diferentes poetas de Escocia. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

María Armental: "Ninguén se atrevera a facer unha tradución da obra de Liz Lochhead porque era moi difícil"

María Armental, filóloga, foi a encargada de traducir 'Poemas escollidos', a primeira obra dispoñíbel en galego de Liz Lochhead, recoñecida como Poeta Nacional de Escocia en 2021. Armental aborda as diferentes temáticas que a autora trata na súa obra, como o feminismo, a pobreza ou a lingua, así como as dificultades que se presentan á hora de traducir os seus textos, entre outras cousas, porque "ela cre que a verdadeira lingua normativa de Escocia é a fala coloquial".
Manifestación en Escocia en defensa dos dereitos das persoas trans esta segunda feira, 16 de xaneiro. (Foto: Stewart Kirby / Zuma Press / ContactoPhoto).
INTERNACIONAL

Londres bloquea a 'lei trans' de Escocia malia as advertencias de Edimburgo

O Goberno británico vetará a norma mediante unha regra nunca antes empregada que permite intervir e frear "asuntos reservados" ao Executivo central.
A primeira ministra de Escocia, Nicola Sturgeon (Foto: Andrew Milligan / PA Wire / DPA).
INTERNACIONAL

Crece o apoio á independencia de Escocia tras a sentenza da Corte Suprema

As persoas partidarias da independencia son agora maioría en Escocia, segundo unha sondaxe realizada por Redfield & Wilton Strategies.

Escocia? Agora, ao plan B

Nicola Sturgeon, onte. (Foto: Jane Barlow / PA Wire / dpa)
INTERNACIONAL

Escocia impulsará un plebiscito "de facto" en resposta á decisión xudicial británica

O SNP impulsará un "referendo de facto" para que a poboación decida sobre a independencia do país, após rexeitar o Supremo británico que Escocia teña competencias para organizar esa votación sen a aprobación de Londres.

A primeira ministra de Escocia, Nicola Sturgeon (Foto: Andrew Milligan / PA Wire / DPA).
INTERNACIONAL

A Corte Suprema británica veta a convocatoria dun referendo pola independencia de Escocia

“A nosa voz non pode e non será silenciada”, reaccionou a primeira ministra de Escocia, Nicola Sturgeon.
Robbie Coltrane dando vida a Hagrid en 'Harry Potter'. (Foto: Warner Bros)
Cinema

Morre Robbie Coltrane, o afábel Hagrid en 'Harry Potter'

O actor escocés faleceu esta sexta feira aos 72 anos de idade.
A primeira ministra de Escocia, Nicola Sturgeon. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Conxelación dos alugueiros e veto aos desafiuzamentos: Así intenta atallar Escocia a crise de prezos

Estas medidas aplicaranse, cando menos, até marzo de 2023.
Produtos para a menstruación. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Escocia fai historia e fixa por a lei a gratuidade dos produtos para a menstruación

É o primeiro país do mundo en adoptar esta medida.
Nicola Sturgeon, ante o Parlamento escocés. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Escocia xa ten data para un novo referendo de independencia

Se a Corte Suprema do Reino Unido non o impide, a poboación escocesa poderá ir ás urnas o vindeiro 19 de outubro de 2023.