Medio Ambiente
Ecoloxistas en Acción denuncia a "criminalización" das protestas por "atreverse a cuestionar as mentiras do 'lobby' mineiro"
21/mar./24
A organización rexeita que seis dos seus activistas fosen condenados por un delito de coaccións leves polo "mero feito" de "querer entregar unhas botellas de agua contaminada" na Cámara Mineira.
Mar
A Plataforma en Defensa da Pesca alega contra o proxecto da eólica mariña
20/mar./24
Sinala á inviabilidade da pesca nas áreas afectadas polos eólicos.
Medio Ambiente
Altri carece de terreos para construír a celulosa que proxecta en Palas de Rei e admite que non negociou a compra de terras
20/mar./24
Persoal de Altri comezou esta cuarta feira en Palas de Rei (A Ulloa) unha xeira de reunións coa veciñanza para explicar o proxecto dunha celulosa. "Non se mercou o noso predio. Está todo no ar. Falan de algo que queren facer sen falar cos propietarios das terras", retrucoulles veciñanza propietaria das terras onde Altri proxecta a pasteira. VÍDEO NO INTERIOR.
Medio Ambiente
Amil Sen Eólicos exixe a revogación da autorización das obras do Acibal
20/mar./24
Conmemoran o primeiro aniversario do descubrimento do primeiro petróglifo no monte Acibal, onde Norvento constrúe un polígono eólico.
ECONOMÍA
O sector das renovábeis volve cargar contra a Xustiza e os recursos "absolutamente aleatorios" pola paralización de eólicos
19/mar./24
"É dificilmente defendíbel que todos os proxectos incumpren a normativa ambiental ou os seus estudos están mal feitos", alega a Mesa para o Desenvolvemento Renovábel e Industrial da Galiza.
Medio Ambiente
A maioría dos Estados non cumpre co límite de polución da OMS
19/mar./24
Paquistán, o territorio máis contaminado.
Medio Ambiente
Ulloa Viva chama de novo a paralizar o proxecto de Altri e celebra as "dúbidas" do PP sobre a 'macrocelulosa'
19/mar./24
O colectivo veciñal agradece que "por fin o alcalde de Palas recoñeza que é normal que haxa voces discordantes".
ECONOMÍA
A UE deberá extraer o 10% das materias primas que consuma e "acelerará" os proxectos extractivos
18/mar./24
25% dos produtos terán que procesarse no espazo comunitario.
Medio Ambiente
Ecoloxistas e veciñanza afectada chaman a deter "de inmediato" as obras polos eólicos do Acibal: "É un espolio patrimonial"
18/mar./24
Adega e o colectivo Amil Sen Eólicos demandan ao TSXG a paralización urxente do parque eólico promovido por Norvento para protexer o patrimonio.
Xustiza
Condenados por coaccións na Cámara Mineira seis activistas de Ecoloxistas en Acción, que recorrerán a sentenza
18/mar./24
Os ecoloxistas entraron no recinto o pasado setembro para facer "unha entrega simbólica" de botellas de auga contaminada polas minas de San Finx e Touro. "Esta sentenza non vai frear o traballo de activismo e de denuncia de Ecoloxistas en Acción", advirten.
SOCIAL
"Un ataque ao corazón do interior da Galiza": rural e mar únense contra o proxecto de Altri
15/mar./24
A Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa ofreceron esta sexta feira unha rolda de prensa na que animaron a presentar alegacións ao proxecto de Altri en Palas de Rei.
SOCIAL
Adega advirte que o impacto ecolóxico da factoría de Altri "é unha cuestión nacional"
15/mar./24
A vogal de augas de Adega, Ana Santamarina, e do secretario técnico da entidade ecoloxista, Fins Eirexas, explicaron como pode proceder a veciñanza de aquí en diante e puxeron a disposición das persoas interesadas un modelo de alegacións para presentar contra o proxecto.
SOCIAL
Adega pide a colaboración cidadá para salvar o espazo protexido do Lérez da autovía A-57
14/mar./24
As obras da autovía A-57 ameazan con partir en dous un espazo natural integrado na Rede Natura.
Xustiza
A potencia eólica paralizada polo TSXG só representa 3,5% da solicitada polas enerxéticas na Galiza: estas son as afectadas
14/mar./24
O TSXG deu a coñecer na cuarta feira a suspensión cautela os parques eólicos de Ventumelo, na Ribeira Sacra, Porto Vidros, na comarca de Pontevedra, e Banzas, na Barcala e Xallas. O tribunal galego deberá resolver nos próximos meses sobre a paralización dun total de 61 proxectos que suman arredor de 3.000 MW.
ECONOMÍA
O Goberno español seguirá adiante coas poxas da eólica mariña malia carecer dos estudos sobre o impacto na pesca
13/mar./24
A ministra Ribera reuniuse con representantes da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños e prometeu instaurar unha mesa de traballo para abordar os próximos pasos "desde o diálogo".
Xustiza
O TSXG decreta tamén a suspensión cautelar do parque eólico Troitomil
12/mar./24
Os maxistrados entenden que non se pode seguir adiante coa construción do parque mentres non se dite a sentenza definitiva sobre o mesmo.
Xustiza
O TSXG ve "indicios" de que Jealsa non cumpre a súa autorización ambiental e insta a Xunta a actuar
11/mar./24
Unha recente sentenza recolle que unha empresa que ten un criadeiro na zona viu prexudicada a súa produción por unha serie de verteduras, "diminuíndo a produción até chegar a cero en 2021".
ECONOMÍA
A Xunta receita "tranquilidade" ante a incerteza polo proxecto de Altri e insiste: "Os requirimentos son máximos"
11/mar./24
"A calquera empresa que se asente na Galiza dámoslle facilidades, pero sempre cumprindo a lei", afirma a conselleira Ángeles Vázquez.