Sés

ses
O DÍA 24 SAE Á VENDA O SEU TERCEIRO DISCO, "TRONZAR OS VALOS"

Sés: “Precisamos unha revolución cultural para volver a ser pobo"

Do gaucho Martín Fierro recolle a frase “canto opinando que é o meu modo de cantar” para se presentar. Sés está de volta co seu terceiro disco, Tronzar os valos despois do extraordinario recibimento que tiveron os anteriores Co xenio destrozado e Admirando a Condición. As súas cancións queren agora tronzar valos, eliminar rúas prohibidas e convidar a pensar. 

Ugia e Sés
CULTURA

Sés e Ugia Pedreira, xuntas en feminino

Con grande atención estase a agardar o concerto que a sexta feira 12 de de setembro darán Ugia Pedreira e Sés en Ribadeo, cuarto edición de Músicas e Letras en Feminino organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade. Será unha das últimas ocasións de ver a Ugia no escenario antes da súa anunciada retirada. 

Carta aberta a SÉS

Querida María Xosé:

Despois do teu concerto do pasado 24 (en realidade xa era 25) no Festigal, necesitaba escribirche.
Xa o sabía, pois non era a primeira vez que te vía en directo, mais agora xa o teño totalmente claro: es unha superdotada da música e un animal de escenario.

Sés
CULTURA

Sés, Nao, Os da Ría, Grampoder, A Quenlla ou Festicultores para un novo Festigal

Sés, Nao, Festicultores, A Quenlla, Os da Ría, Habelas Hailas, Grampoder ou García MC son algunhas das propostas musicais do programa de máis de cen actividades do Festigal 2014. 

Sés
CULTURA

"Vémonos alí, Sés, a “Desaramar”! "

“Quería facer un festival diferente”, di Sés no vídeo de promoción de “Desaramar”, un concerto colectivo que busca romper arames que cercan a liberdade e a xustiza. Mercedes Peón, Carlos Blanco, Luis Tosar, Piti Sanz, Tereixa Novo, Luís Tosar, Leo e Martín Sanjurjo subirán ao escenario  canda ela o día 7 ás 21 horas. 

Sés
CULTURA

Sés propón “Desaramar”, para cortar arames de inxustiza coa música

Contra as inxustizas, para cortar arames, Sés promove “Desaramar”, un proxecto no que participan Tereixa Novo, Martín Sanjurjo , Mercedes Peón, Luís Tosar, Piti Sanz, Ugia Pedreira, Leo Arremecághona e Carlos Blanco.

CULTURA

Sés, Aid ou Ataque Escampe forman parte da nova banda dos Bolechas

Sés, O Sonoro Maxin, Pandeiromus, Novedades Carminha, Ataque Escampe, The Homens, AID, Eladio y los Seres Queridos e Álex Casanova nun único disco colectivo. E quen une a un conxunto tan variado da nosa música? Os Bolechas, que quixeron contar cunha banda ben potente no seu novo libro-disco. 

Sés
CULTURA

Ás portas do novo álbum de Sés, “Co xenio destrozado”

O día 6 de xuño porase á venda o novo álbum de Mª Xosé Silvar, Sés, que leva por título Co xenio destrozado. Despois da extraordinaria acollida do seu primeiro traballo, Admirando a condición, e de sorprender en centos de concertos por todo o país, volve coa súa forza no seu segundo traballo discográfico.

Ses

Unha boa amiga falárame hai un tempo de Ses, unha cantautora da Coruña que fai música en galego. Vira algunhas cousas súas enlatadas no youtube e sitios así. A pesar do limitado do formato, xa me deu para decatarme de que non se parecía a nada que tivese visto antes. É moito mellor.
Sés
CULTURA

Sés e Aid con Rosalía de Castro en Pontevedra

O rap de Aid e o blues de Sés porán a música na homenaxe a Rosalía que a Concellaría de Cultura de Pontevedra organiza o próximo día 22.