UUAA

Os tractores ocuparon onte a cidade de Lugo e quedaron aparcados na Ronda da Muralla onde, segundo a organización, quedarán en sinal de protesta (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
TRABALLO

As perdas da Tenreira Galega Suprema provocan outra tractorada en Lugo

O sector da Tenreira Galega Suprema volveu onte a colapsar as rúas de Lugo para reclamar “prezos xustos” e protestar por unha política agraria común (PAC) que entenden lles prexudica. Gandeiras e gandeiros denuncian “recortes” e excesiva “burocracia” que non ten en conta o funcionamento tradicional deste ramo na Galiza 

O primeiro ministro de Portugal, António Costa (Foto: Goberno de Portugal).
star
ECONOMÍA

A carne e o peixe, xunto a outros 42 produtos, venderanse sen IVE en Portugal

Esta terza feira entrou en vigor a rebaixa do IVE para 44 alimentos básicos en Portugal, entre eles, a diferenza de na Galiza, a carne e o peixe. As cadeas de supermercados lusas aínda teñen 15 días para aplicar o IVE cero neses produtos nos estabelecementos de venda. Os sindicatos agrarios da Galiza poñen o foco sobre a necesidade de controlar as marxes de beneficio dos supermercados.
 
#leite #vaca #vacas #gandaría #gandeiros (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

Unións Agrarias denuncia "un novo cartel do leite" por parte da industria

A organización pide que se cumpra coa normativa.
Sin título
TRABALLO

Unións Agrarias reclama "solucións rápidas" para "salvar o futuro" do sector apícola

A organización agraria alerta da crise que atravesa o sector apicultor.
O custo dos allos nos supermercados é 897% máis caro da contía que se lle paga ao sector produtor, segundo os datos de xaneiro (Foto: JackF).
star
ECONOMÍA

As organizacións agrarias apostan pola intervención dos prezos no sector alimentario

A patronal dos supermercados do Estado español cualificou de "inaplicábel" calquera medida que intente fixar os prezos dos alimentos básicos sinalando un potencial prexuízo sobre o sector produtor. Porén, as organizacións agrarias galegas son favorábeis á intervención. A normativa vixente permite que o Executivo estatal regule o custo dos bens básicos.
Instalación gandeira na comarca de Lugo. (Foto: Nós Diario)
star
ECONOMÍA

A fenda dixital lastra o acceso ás axudas da nova PAC

O sector agrícola e gandeiro atópase á espera da publicación definitiva das bases da nova Política Agraria Común (PAC), con vistas a que se intensifique a burocracia necesaria para a percepción das axudas. Representantes de sindicatos galegos prognostican a implantación de medidas "imposíbeis" de cumprir nas granxas galegas de pequeno tamaño, o que abocará en última instancia, din, ao fechamento das explotacións que non poidan asumir o novo sistema de produción. 
 
Aínda sen coñecerse os datos do mes de decembro, en 2022 bateuse o récord de importación de mel (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

O sector apícola solicita regularizar a etiquetaxe do mel importado de terceiros Estados

A importación de mel sen a etiquetaxe adecuada, a carencia de bonificación do combustíbel e a mortalidade das abellas polo cambio climático e a velutina azoutan o sector da apicultura.
O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Unións Agrarias intentará tombar as axudas 'Impacto Autónomo' cun recurso

O sindicato busca tombar a liña de axudas 'Impacto Autónomo' da Xunta por considerar que "discrimina" o colectivo de profesionais por conta propia do rural.
Adega demanda unha 'coexistencia amábel' co lobo. (Foto: CSIC)
A contía equivale ao total investido na especie nos últimos 6 anos

A Xunta renuncia a máis de 4 millóns de euros por non apoiar a estratexia do lobo

A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) denuncia que a negativa da Xunta da Galiza a apoiar a Estratexia para a conservación e xestión do lobo e a súa convivencia coas actividades do medio rural presentada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Miteco) fixo que o Executivo galego deixase de ingresar 4,3 millóns de euros.
Concentración de tractores en protesta por uns prezos xustos para o sector o pasado mes de marzo en Xinzo de Limia (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

O aumento de prezos ameaza o agro, cun encarecemento de 40% dos pensos

Os sindicatos piden a "intervención" das Administracións públicas para frear esta situación.
A industria porcina de carácter intensivo é acusada de xerar contaminación por nitratos nas augas (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

As organización agrarias galegas demandan medidas contra a contaminación por nitratos da gandaría industrial

A Comisión Europea sinala a ausencia de control na Galiza e no Estado da contaminación por nitratos das augas xerada polas explotacións gandeiras industriais.
#leite #supermercado #supermercados #mercadona #gandaria #gandeiros (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

Unións Agrarias avanza mobilizacións contra os prezos "artificialmente baixos" do leite en Mercadona

O prezo do leite galego cronifícase como o máis baixo do Estado español.
Unións Agrarias denuncia o uso do polo nalgúns supermercados como "reclamo" polo baixo prezo. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

O polo como 'produto reclamo': atraer clientes e forzar a venda a perdas dos criadores

Unións Agrarias denuncia esta práctica nun estabelecemento lugués propiedade dunha cadea valenciana.
Can pastor (Foto: ActiCan Pastoreo Galiza)
ECONOMÍA

Exixen da Lei de Protección Animal respecto nos usos tradicionais do rural

UUAA agarda que nas emendas do texto aprobado polo Consello de Ministras e Ministros para a súa tramitación haxa rectificacións.
Cabeza da manifestación convocada pola Fruga, SLG, UUAA, Adegal e Produtores de Pataca da Limia. (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

O agro galego exixe en Ourense medidas para a súa supervivencia

A cidade de Ourense acolleu esta terza feira unha manifestación con centos de produtoras e produtores do agro. Convocada pola Federación Rural Galega (Fruga), Sindicato Labrego Galego (SLG), Unións Agrarias (UUAA), a Asociación de Pataqueiros da Limia e a Asociación de Empresarios, gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal), demandaron solucións ao problema do aumento do custo de produción.
Vacas nunha explotación leiteira (Xunta).
ECONOMÍA

A Xustiza abre a porta a 27.000 novas reclamacións polo 'cartel do leite'

Unha sentenza amplía a 2024 o prazo para solicitar a suspensión da prescrición da presunta fixación ilegal de prezos por parte de varias industrias lácteas. 
Un gandeiro estende batume no pasto das vacas (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

A suba do prezo das materias primas afoga o rural galego

Rusia e Ucraína son dous actores internacionais fundamentais no comercio de cereais, fertilizantes e enerxía, polo que o conflito existente no leste de Europa pode ter importantes repercusións no sector agrogandeiro galego. Nós Diario conversa con representantes dos principais sindicatos agrarios ao respecto.
Vacas nunha explotación gandeira galega (SLG).
ECONOMÍA

Fruga e Unións Agrarias saen en defensa da tenreira galega

Os sindicatos agrarios galegos saen en defensa dun modelo baseado en explotacións familiares, respectuosas co medio no que se asentan e que favorecen a fixación de poboación no rural.
Protesta do sector agrogandeiro ante as instalacións de Larsa en Outeiro de Rei o pasado 16 de novembro (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
ECONOMÍA

O sector lácteo augura un novo ano complicado polos custos de produción

A suba do prezo do leite en novembro non compensa a prevista para os pensos e a enerxía
Félix Porto, Roberto García e Óscar Pose durante a rolda de prensa de Unións Agrarias
ECONOMÍA

Produtores lácteos pedirán a apertura dun expediente contra Lactalis e Capsa

Unións Agrarias insta as persoas consumidoras a continuar co "boicot" ás marcas de Lactalis e Central Lechera Asturiana