A CIG-Saúde reclama a xubilación aos 60 anos de persoal da sanidade pública

Medio cento de delegadas e delegados da CIG-Saúde concentráronse esta segunda feira ante a Delegación do Goberno español na Galiza, na Coruña, para exixir a xubilación aos 60 anos para o persoal da sanidade pública que leve máis de 25 anos cotizados. Así o manifestou a secretaria de Organización da federación, Ana Lestón, tras incidir na necesidade de "facer planificación do persoal sanitario tanto do presente como do futuro". 
Delegados e delegadas da CIG, esta segunda feira, na Coruña. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Delegados e delegadas da CIG, esta segunda feira, na Coruña. (Foto: Nós Diario)
Comentarios