Hector Carré gaña o V Premio Daniel Domínguez de guión en galego

O guión Sinais, de Hector Carré, foi proclamado gañador do V Premio Daniel Domínguez de guión en galego, organizado pola Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), co respaldo da Fundación SGAE, a colaboración de Filmarket Hub e o patrocinio da Xunta de Galiza. Os outros finalistas, Uxía Diéguez Santiago co seu traballo Furtivo e Gumersindo Novoa Rodríguez con As cores da alma, recibiron recoñecemento por parte do xurado. O xurado, composto polos directivos de AGAG Sara Varela e Ángel Manzano, xunto co representante territorial da SGAE, Víctor Sierra, decidiron por maioría outorgar o galardón a Sinais, sinalando que "este guión propón unha inmersión nas vivencias das persoas con discapacidade auditiva, abordando temas relevantes como o consentimento, a integración nun entorno educativo convencional e o espertar do desexo sexual, todo tratado con autenticidade e empatía". 

Héctor Carré
photo_camera Héctor Carré
Comentarios