Morre un home de 35 anos nun accidente de tráfico en Cortegada

Un home de 35 anos veciño da Valenza (Ourense) morreu esta sexta feira nun accidente de circulación no municipio ribeirao de Cortegada, onde sufriu co seu coche unha saída de vía para acabar impactando contra un noiro despois de atravesar unha leira. O sinistro, no que tamén resultou ferido de gravidade outra persoa que viaxaba de acompañante, produciuse ás 17.10 horas de hoxe no quilómetro 12,6 da estrada OU-801 que une Ribadavia (O Ribeiro) coa fronteira de Portugal. O coche que conducía o falecido, de marca Volskwagen, saíuse da vía nun tramo lixeiramente curvo para invadir unha leira pola que descendeu até impactar contra un noiro. O outro ferido foi trasladado a un hospital en estado grave.
O accidente de Cortegada.
photo_camera O accidente de Cortegada.
Comentarios