O que hai en xogo nestas eleccións, neste Sermos Galiza nº95

O que está en xogo o 25 de maio é un dos temas deste semanario. Mais non o único. Entre outros: falamos con Atxaga e Sumai, entrevistamos ao capitán galego daquel 25 de abril de 1974, e contamos os números reais de desempregados.Podes adquirilo na nosa loxa.

Capa_SG95

'Votar Galiza ou votar Troika'. O tema central deste Sermos Galiza nº95 céntrase na campaña electoral para o Europarlamento, marcada pola hipótese dunha alta abstención. Achegámonos ás diferentes candidaturas e propostas. Outra cuestión é a violencia machista e as 37 mulleres asasinadas no Estado español en tres meses.

Entrevistamos a Manuel Durán, capitán de abril galego, que nos fala da Revolución dos Caraveis como persoa que tomou parte nela. E falamos con Bernardo Atxaga e Anxos Sumai de litratura, idiomas e vida. Embarcámonos con Uxío Allo, un da Arousa que abe de dornas como ningún outro.

O tren ao porto exterior de Ferrol, o que acontece coa Praia das Catedrais ou a realidade de cantas persoas hai no desemprego en Galiza son tamén cuestións que podes ler neste número do SG.

De TDTs e Furnas

Preguntámonos por que desaparecen as canles da TDT (e explicámolo) e percorremos a Furna dos Castros da man do colectivo Xea en Viaxes na Miña Terra. As galerías de arte galegas voltan ás trincheiras nun mercado que tamén tivo a súa burbulla. E gozamos co proxecto de 'Pitusa Semifusa' e 'O país dos ananos' de Chévere.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios