Manuel María, buscando un país é un breve volume de divulgación, 62 páxinas, editado na colección de peto de Xerais, que procura tamén achar chaves interpretativas sobre o alcance da vastísima obra do poeta da Terra Chá.
É unha visión non desde a ciencia filolóxica, senón desde o coñecimento directo non só da obra, senón da persoa, coa que o autor, Manuel Veiga, mantivo trato durante dúas décadas.