A cultura en galego non existe para as festas que organiza o concello de Ferrol

O goberno local do PP, co alcalde imputado e nunha cidade con altas cotas de desemprego, gasta máis de 200.000 euros nunhas celebracións onde dominará case por completo o castelán e apenas hai espazo para a tradición popular galega.

Concello de Ferrol
photo_camera Concello de Ferrol

Máis de 200.000 euros, segundo a propia versión do goberno local, serán os gastos que destina o concello de Ferrol -cidade galega coa máis alta taxa de desemprego- para as súas festas municipais de verán, que terán lugar na última semana de agosto e na que a cultura galega non aparece por ningures, ao contrario que o pop español e outro tipo de propostas, algunha delas moi achegada ao PP, que goberna a cidade, na que o seu alcalde, José Manuel Rey, está imputado na operación Pokémon. Mónica Naranjo, os restos de Nacha Pop ou Los Limones, que puxeron música ás campañas electorais de Feijóo, copan a programación.

 

Mónica Naranjo, os restos de Nacha Pop ou Los Limones, que puxeron música ás campañas electorais de Feijóo, copan a programación.

 

Non hai presenza de ningún concerto dunha banda en galego -sexa do estilo que for- nin aposta pola cultura de base segundo o programa presentado polo concello ferrolán. Do 22 ao 31 de agosto, tal e como anunciou a concelleira Susana Martínez, o programa de actos municipais estará copado polas músicas comerciais do Estado e as versións que destes modelos musicais poden facer algunhas coñecidas orquestras, que nalgún caso é posíbel que acheguen a minúscula presenza da cultura galega nas festas de Ferrol.

 

Nin un só grupo musical en galego, nin unha soa actividade relacionada coa cultura propia ou de base terá cabida no programa que organizou o goberno do PP, centrado en artistas como os restos de Nacha Pop, o ferrolán de nacemento pero afincado desde sempre en Madrid Carlos Jean, Mónica Naranjo ou os locais Los Limones, veterana banda que puxo música a varias campañas do partido gobernante.

 

Máis en CULTURA
Comentarios