Dionisio Pereira afonda na represión franquista contra @s portugueses que vivían en Galiza

‘Emigrados, exilados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)’ está publicado por Através Editora, carimbo editorial da AGAL. É Unha pesquisa histórica centrada nas décadas anteriores a xullo de 1936 que identifica o colectivo luso como unha colectividade integrada secularmente na sociedade galega.

Dionisio Pereira
photo_camera Dionisio Pereira

O historiador e investigador Dionisio Pereira (A Coruña, 1953) é o autor de ‘Emigrados, exilados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)’, un ensaio que, entre outras cuestións, fala da persecución que o franquismo desenvolveu contra os e as portuguesas que vivían (ou ben estaban exiiliad@s) en Galiza.

"Houbo unha progresiva integración de moit@s traballador@s de Alén Miño nas organizacións operarias galaicas, mesmo a nivel de dirixentes"

O traballo está editado por Através, que salienta a importancia deste ensaio polo gran descoñecemento existente no noso país sobre a comunidade portuguesa. O libro é, afirman, “ unha pesquisa histórica centrada nas décadas anteriores a xullo de 1936 que identifica o colectivo portugués como unha colectividade integrada secularmente na sociedade galega”.

Dionisio Pereira procura, desde finais do século XIX, como é a incrporación desta colectividade ao mercado de traballo e como se produce “a progresiva integración de multitude de traballadores de Alén Minho nas organizacións operárias galaicas, mesmo a nível de dirixentes, como prólogo das persecucións de que foran alvo após o golpe militar de 1936”.

Conivencia

A conivencia do réxime ditatorial de Oliveira Salazar co golpe contra a II República está xa estudada: desde a participación da columna de voluntarios dos “Viriatos” á expulsión de refuxiados e entrega de perseguidos a franquistas. Porén, a presenza portuguesa do punto de vista das vítimas está pouco documentada e analizada.

Máis en CULTURA
Comentarios