Imperdible, que se celebra en Compostela do 9 ao 22 de maio, é un escaparate do panorama da improvisación galega e internacional, onde haberá espectáculos, obradoiros, jams, concertos, maratóns e moito máis. Un cada día agás os sábados, que hai máis oferta.
Un dos shows é a Compostela Impro Big Band, un espectáculo de improvisación multidisciplinar, creado a partir da simbiose entre individuos de algunhas das compañías máis punteiras de Galiza nas súas respectivas disciplinas, como The Momento Impro, Chevere, Cisma Danza, Sumrrá ou o Coro da Rá.
En canto á formación, hai cursos de dramaturxia improvisada, vivir o momento, improvisación musical, impro para actores e actrices e outros.